Galicia perde 8.000 habitantes en 2017 a pesar de que Feijóo di que aumentan

O presidente suliñara que os emigrantes baixaron en 1.900 no último ano. Segundo o INE, Galicia é a autonomía que máis habitantes perde, só superada por Extremadura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2018 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Hai uns días o presidente galego quixo deixar ben claro que Galicia xa non "exporta" emigrantes, senón que atrae inmigrantes, a pesar das saídas masivas de mozos nos últimos anos cara outros países de Europa por mor da crise. "Os emigrantes baixaron en 1.900 persoas no último ano e 10.300 menos que no 2009", dixo en alusión ao último ano do bipartito. 

Xubilados galegos na Alameda de Santiago, pensionistas
Xubilados galegos na Alameda de Santiago, pensionistas | Fonte: Europa Press

Un anuncio que facía na presentación do seu plan para atraer emigrantes ou fillos de emigrantes con incentivos especiais. "Tivemos a menor taxa de emigración de todo o Estado", indicaba. E insistía en que chegan a Galicia máis xente da que marcha, "desde o 2016 foron 3.025", indicaba. Pero os datos, novamente, volven deixar en mal lugar ao presidente galego. 

Galicia segue perdendo poboación e, segundo a estatística do padrón continuo que publicou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), sitúase entre as comunidades que máis habitantes deixaron de estar inscritos, un total de 7.369 persoas.

PESO DA INMIGRACIÓN, ESCASO

Ademais, o peso da inmigración na Comunidade galega segue sendo escaso, xa que apenas o 3,4% da poboación empadroada é de orixe estranxeira, só superada pola situación de Estremadura, en que este colectivo apenas é o 2,9%.

Os datos da estatística revelan que Galicia contou a 1 de xaneiro de 2018 un total de 2.700.970 habitantes, 7.369 menos que en 2017, é dicir, un 0,3% menos. Deste total, 92.062 eran estranxeiros.

Dos 313 concellos cos que conta a Comunidade, 33 son de menos de mil habitantes e 224 atópanse na franxa de entre os 1.001 e os 10.000 habitantes. Só catro municipios están entre os 50.001 e os 100.000 e unicamente tres superan os 100.000 habitantes: Vigo, A Coruña e Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lupanar

Hai que facerlle caso á Unta. Hai que practicar máis o "coitus interruptus". NENOS/AS: é a MARCGA ATRÁS de toda a vida... É que as novas xeracións da ESO non entenden.