A Xunta abandona a cultura no Día do Libro mentres decrece o consumo

O Goberno galego celebrou esta xornada con actividdes en bibliotecas, museos e arquivos, pero sen ningún acto para reivindicar a importancia do sector. Galicia xa é a segunda autonomía onde menos libros se mercan de todo o Estado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/04/2018 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

Contacontos, agasallos, obradoiros ou liberación de libros formaron parte da oferta especial que se articulou este 23 de abril, Día do Libro, en Galicia por parte da Xunta de Galicia.  Uns actos nos que non houbo unha presenza destacada do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e que non mereceu nin unha soa palabra por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo na presentación dun libro de discursos na Cámara galega
Feijóo na presentación dun libro de discursos na Cámara galega | Fonte: Xunta

Non é a primeira vez que a cultura é denostada por parte do líder do PPdeG. De feito, o seu goberno leva anos diminuíndo as partidas para o impulso da edición de libros – de 1,6 millóns de 2006 pasou a 200.000 este ano--, mentres aumenta a da publicidade en medios con aumentos de máis dun 100% das partidas para publicitar nos grandes xornais un día, o do libro, que curiosamente non potencia . “Unha política de fachada para seguir untando aos medios”, apuntaba un coñecido libreiro a este medio.

O obxectivo da Xunta nos actos deste ano foi fomentar a lectura e poñer o foco nos dereitos de autor e a propiedade intelectual. E, para conmemorar esta data, as bibliotecas de xestión autonómica adscritas á Consellería de Cultura e Educación, así como algúns dos museos e arquivos dependentes deste departamento, desenvolven unha programación específica, dirixida á promoción do libro e da lectura que contou con conferencias e contacontos, principalmente. 

FEIJÓO AUSENTE

A pesar da importancia da xornada, Alberto Núñez Feijóo non fixo ningunha alusión ao Día do Libro durante os varios actos que tivo ao longo do luns. Estivo co conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no acto de seguimento do Plano estratéxico de Galicia 2015-2020, unha xuntanza coa presidenta da SEPI, Pilar Platero, e a presentación dos selos Patrimonio Mundial, no que falou de Xacobeo, dos peregrinos, pero non da cultura, nin do libro.

Os Bolechas viaxan ás Illas Cíes da man do conselleiro de Cultura
Os Bolechas viaxan ás Illas Cíes da man do conselleiro de Cultura

Tampouco houbo actos destacados por parte da Consellería de Cultura. O seu titular embarcouse cun cento de nenos de Vigo, Bueu, Vilagarcía e Ribeira  cara as Cíes para promocionar a candidatura do parque nacional a patrimonio da humanidade. Unha foto dos nenos no peirao da praia co logotipo da candidatura do parque, seguido dunha repartición da guía dos Bolechas, tamén presentes no acto, foi o gran acto de Cultura a prol do libro. 

BAIXA A VENDA DE LIBROS

E toda esta política de abandono do sector editorial chega cando os números son dos peores de todo o Estado.  As familias galegas destinaron en 2016 unha media de 79 euros á compra de libros de texto, o que sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma con menor investimento por fogar en libros, só superada por Andalucía con 76. Ademais, no relativo a provincias, Ourense e Lugo sitúanse á cola a nivel estatal cunha media de 49 e 54 euros, respectivamente.

Así o revelou o estudo 'Habits Big Data' da consultora AIS Group que detalla ademais que a partida de libros de texto representa o 0,44% do gasto total das familias españolas, que nese ano ascendeu a case 28.200 euros de media.

Por iso, os editores galegos criticaron duramente en GC que a Administración aumente o orzamento para pagar publicidade en medios co gallo do Día do Libro mentres mantén conxeladas as axudas ao sector libreiro e os deixe practicamente abandonados nas feiras internacionais. Piden máis axudas para as editoriais e estratexias para gañar lectores máis eficaces que unha campaña puntual en prensa, radio e televisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Venancio

Eu vexo de noite ao conselleiro de cultura pola estrada e sin coñecelo penso que é o típico pailán que pon unha bandeira española co touro no medio. De verdade. Non o digo porque representa o antogónico de min. Pero hai que quitarse o sombreiro ante el. Ten unhas pintas de españolazo pailán e amigo dos toureiros e mafiosos que non vexas. Fixádevos ben nel. É que como eu digo.

1 NgUR

A xente non o quere. En Galicia a xente que le faino en español. E penso que len mais os adultos que as pobres vítimas da ESO, "a xeración mellor preparada da historia"...

1 pepoman

Non se refire aos libros en galego exclusivamente. Listo. Galicia é a segunda comunidade onde menos libro se mercan en xeral (castelán, inglés, galego, ruso... De poesía, historia, novela...). É o que ocorre con sociedades incultas, brutas, aborregadas e que despois van votar co cú..., para acabar de redondear a desfeita. Iso sí, onde haxa festas para encher o bandullo alí están todos eses bochechóns. Máis cercanos aos primates que a jnha sociedade de humanos.

2 Alicia Cipollina

A mellor preparada... Mi madriña! Aquí non interesa promover a lectura a ninguén. Non sabedes que a última moda en bibliotecas de centros é enchelos de aparatiños e robots diversos. Que dicir! Non hai políticas de promoción da lectura: non hai seleccións, non hai materiais... Hai proxectos ou proxectiños estrelas que son coma fogos de artificio. Ou iso me din. Pero claro, ler costa e promocionar a lectura de verdade supoño que tamén.

3 Alicia Cipollina

Quero lembrar que mentres os nosos centros e bibliotecas se enchen de trebellos dixitais diversos, isto acontece onde se deseñan estes trebellos. Falamos de promoción do libro, en serio? Por favor, despois do que me contaron esta fin de semana empezo a rir e non paro... http://ecodiario.eleconomista.es/cu... Primeiro foi o do bilingüismo en inglés e agora o dos trebellos. E a avaliación sobre o impacto educativo e a mellora na lectura e comprensión lectora porque moitos destes trebellos están seica en bibliotecas escolares ou dependen delas para cando??? Para nunca. Xa sabemos que non temos líderes e lideresas da oposición que a reclamen.