Un de cada dez casos de síndrome premenstrual podería estar relacionado co consumo de alcol

Investigadores das universidades de Santiago e Southampton fixeron unha revisión analítica de estudos previos coa que conclúen que a inxesta desta substancia aumenta o risco de sufrir estes síntomas.

Por Galicia Confidencial | | 24/04/2018 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

A partir da revisión analítica de 19 estudos previos de oito países diferentes con máis de 50.000 participantes, investigadores de Medicina Preventiva da Universidade de Santiago (USC) e da Universidade de Southampton calculan que un de cada dez casos de síndrome premenstrual no mundo podería estar relacionadoa co consumo de alcol. Segundo a meta-análise realizada, as mulleres que consumen alcohol teñen un risco de síndrome premenstrual un 45% máis alto que as que non beben. Os datos manexados polo equipo investigador elevan a 3.000 o número de días de malestar asociados a períodos menstruais que padecen as mulleres ao longo da súa vida fértil. 

A síndrome premenstrual é “un conxunto de síntomas físicos, psíquicos e do comportamento asociados ao ciclos menstruais”. Os máis característicos, explica o doutor Takkouche, son a irritabilidade e inchazón abdominal, aínda que os cambios de humor, a ansiedade, a depresión, a perda de control, a fatiga, a dificultade de concentración, a ansiedade pola comida, así como a dor de cabeza ou de peito tamén forma parte da abano de posibles síntomas que conforman esta síndrome, explica o equipo internacional no que participa a USC e que acaba de publicar os seus estudos na revista British Medical Journal Open

O incremento de risco da síndrome premenstrual en consumidoras de alcol débese ás alteracións que provoca esta substancia nos niveis de hormonas sexuais esteroideas durante o ciclo menstrual e ás interaccións coa serotonina. Como explica o profesor da Facultade de Medicina Bahi Takkouche “o consumo excesivo incrementa o risco de padecer a síndrome nun 79%”. 

Co título ‘Premenstrual syndrome and alcohol consumption: a systematic review and meta-analysis’, asinaron o traballo a matrona María del Mar Fernández, o profesor Bahi Takkouche e Jurgita Saulyte, os tres do Departamento de Medicina Preventiva da USC e do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBER-ESP), e Hazel M. Inskip, da Universidade de Southampton. O mesmo equipo traballa actualmente no estudo do papel do tabaco e dos factores psicolóxicos na aparición da mesma síndrome.

Síndrome premenstrual.
Síndrome premenstrual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Rodrigo Aragón

Se utilizan muchos medicamentos para el síndrome premenstrual, como puedes ser la amoxicilina. sin embargo, los médicos no tienen en cuenta otras variables como puede ser el alcohol para el dolor por el que pasan las mujeres en este periodo. Un buen artículo que nos aporta una buena información.

1 Crstina

Otra opción interesante, y cada vez más de moda, es el uso de probiotióticos y prebióticos para todo lo relacionado con estas patologías, especialmente en casos de candidiasis

1 Pol.ve.te.

Sarna con gusto non pica. Pero o peor de encherse non é a síndrome premenstrual. É o abombamento de barriga por obra do Espítu Santo.