A Xunta permitirá aos cazadores a detección e vixilancia contra os lumes

O goberno galego inicia a cobertura de 137 prazas no servizo de prevención contra incendios forestais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2018 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural iniciou este martes o proceso para cubrir a totalidade das prazas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Spdif), o que suporá a contratación de 137 persoas. Nun comunicado, a Xunta informou de que publicou o anuncio da cobertura de 93 postos de persoal laboral de nove e doce meses do servizo contra incendios para que traballadores fixos soliciten estas vacantes. Por provincias, esta primeira rolda de contratacións suporá 40 novos traballadores para Ourense, 24 para Lugo, 20 para A Coruña e nove para Pontevedra.

Incendio de Cotobade (Pontevedra)
Incendio de Cotobade (Pontevedra) | Fonte: Europa Press

Unha vez finalizado este primeiro proceso, recorrerase ás listas de contratación tanto para as prazas que queden dispoñibles por mor dos movementos de persoal como dos outros 44 postos vacantes, que estarán destinados a traballadores de tres meses que se somen ao operativo durante a campaña de alto risco.

Segundo asegurou o Goberno galego, en total contrataranse 137 persoas, o que supón "o maior número de vacantes" cubertas nas últimas campañas, ademais de ser "o primeiro ano" no que se completarán todos os postos. Deste xeito, Medio Rural afirma que "dá resposta a unha reivindicación histórica" dos sindicatos que reclaman unha maior cobertura dos postos que a Xunta achegaba en función "das dispoñibilidades orzamentarias". En total, cubrir a totalidade das prazas suporá un custo de 2,7 millóns de euros.

FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, asinaron este martes un convenio por catro anos para colaborar na prevención e defensa contra os incendios forestais.

A través deste acordo, a organización poderá realizar tarefas de detección, vixilancia e disuasión, a desenvolver polos servizos de vixilancia dos terreos cinexeticamente ordenados (Tecor), aqueles nos que a caza está permitida e regulada, para divulgar e concienciar sobre o risco dos lumes. Para iso, difundirán as medidas preventivas contra os incendios forestais entre os seus afiliados e colaborarán na elaboración do plan de actuacións dos distritos forestais.

A Xunta aclarou que os cazadores "en ningún caso" van extinguir os incendios forestais, posto que "non son profesionais" nesta materia. Con todo, valorou que si poden "axudar, e moito, en actuacións preventivas" por ser "coñecedores do terreo".

CRÍTICAS DE ANIMALISTAS

Este convenio foi criticado polas fundacións animalistas Libera e Franz Weber, que consideran "de extrema gravidade" e "lamentable" que Medio Rural permita á Federación Galega de Caza a elaboración de informes e a súa participación en investigacións sobre incendios. Para estas dúas entidades, este é "o enésimo trato de favor" que o Goberno autonómico dá ao "lobby procaza", do que di ser un sector "sen experiencia" nas pescudas dos incendios forestais.

Ademais, nun comunicado, os animalistas lembraron que as estatísticas do Ministerio de Medio da última década apuntaron que as accións para afastar animais ou facilitar batidas son "a orixe de case catro de cada cen queimas intencionadas".

Ambas as fundacións tamén censuraron que o Goberno galego "recompense" á Fundación Galega de Caza, que consideraron "dos poucos" comparecentes na comisión parlamentaria de incendios "que viu feitas realidade as súas propostas" e que ademais conta cunha subvención de 27.000 euros por parte da Secretaría Xeral para o Deporte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 A verdade

27000 euros, o 7% do presuposto da FGC. O resto finánciase cos cartos que aportamos os cazadores. Aparte dos miles de euros que gastamos do noso peto en rozas, sementeiras, limpeza de fontes, soltas, vacinación do coello,... Gustaríame saber canto orzamento destes Libera e Franz de la Jungla é do erario público, posiblemente máis do 7%... Estes critican para seguir chupar máis do bote pero baixar o lombo polo rural 0 patatero.

1 Cazador

Seguro q limpas a finca do veciño e mais lle plantas o trigo e lle vacunas aos coelliños...xa xa....faralo pa ti e sera normal q o pagues ti ou queres q cho paguemos todos...a caza nunca foi un deporte, si un vicio e coma todos os vicios morren co tempo...solo fai falla un pouco de cultura pa saber q sodes vos os que empeorades a xenetica silvestre pq matades ao mellor exemplar de cada especie q sería o q habría q deixar para semental como pasa no ganado doméstico. Como xa digo falta de escuela xa de base e polo tanto o edificio acabará caendo

2 Dis ti

Cando sexas enxeñeiro e saibas o que é un POC falamos. Mentres vai coas lerias ecoloxistas ao bar cos teus colegas urbanitas.

1 Tocador do unto

Nos Peares poñen o raposo coidar dos galiñeiros?