Temas: XUSTIZA FOLGA

O CSIF propón á Xunta e aos sindicatos a mediación como solución á folga de xustiza

Esixe aos demais sindicatos responsabilidade para chegar a un acordo e propón ao maxistrado en excedencia Agustín Azparren como mediador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2018 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

O sindicato CSIF, cuarto en representación na xustiza galega, propuxo á Xunta de Galicia a mediación a través do maxistrado en excedencia Agustín Azparren. Todo para solucionar a folga indefinida na xustiza galega que este martes cumpre o seu 77 día consecutivo.

Reunión Folga Xustiza
Reunión Folga Xustiza

Este sindicato está integrado no comité de folga que integran, por orde de representatividade, SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO. Precisamente, nun comunicado remitido aos medios, esixe ás organizacións máis representativas" unha "actitude responsable na procura dunha proposta de acordo suficiente para ser sometida á decisión última e final do persoal de xustiza.

"A sociedade galega non entendería que, despois de máis de 76 días de folga, ambas as partes nos estancáramos no inmobilismo e non buscásemos outros puntos de encontro que permitan aos funcionarios de xustiza de Galicia ter a última palabra neste conflito", sinala CSIF.

Con todo, considera que "a estas alturas" e "coas relacións entre as partes moi desgastadas", a medicación dunha persona independente, coñecedora do conflito e da administración de xustiza pero allea ao conflito "é imprescindible".

"Un mediador que, despois de manter reunións bilaterais coa Xunta e coas organizacións sindicais máis representativas da Xustiza en Galicia, sexa capaz de, o máis axiña posible, elaborar un documento de compromiso que sexa sometido á aprobación dos funcionarios", engade.

Para iso, propón ao maxistrado en excedencia e ex Presidente en España do Grupo Europeo de Maxistrados pola Mediación (GEMME), Agustín Azparren Lucas. "Ao longo da súa dilatada traxectoria profesional mediou e solucionou diversos conflitos", lembra CSIF, que se compromete a trasladar aos funcionarios a proposta que resulte deste proceso.

"É a hora da responsabilidade para todas as organizacións sindicais e facemos un chamamento a todos os sindicatos para que se somen a esta iniciativa que debe de ser a saída definitiva ao conflito", apunta o sindicato.

Temas: XUSTIZA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 votemosxa

A SAÍDA É VOTAR

1 kei-ma-2

votar o que? O que che propoña a empresa, pasando por riba dos sindicatos represantativos dos traballadores? Iso é unha trampa máis .