Irlanda e Galicia, unidas por unha alfombra floral

Estudantes irlandeses coñecen a vella tradición floral de Ponteareas, mentres que ensinan aos galegos as artes do fútbol gaélico.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 25/04/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Tuia, fiuncho, coca de eucalipto, casca de arroz, caraveis ou queiroa son algúns dos materiais naturais que deixaron o seu arrecendo na mans de estudantes ponteareáns e irlandeses.  Xuntos participaron este mércores nun obradoiro impartido por alfombristas de Ponteareas no que ademais de coñecer os materiais naturais que se empregan introducíronse na técnica de alfombrar ao xenuino estilo “Ponteareas”.

Estudantes irlandeses e galegos cunha peza floral de Ponteareas
Estudantes irlandeses e galegos cunha peza floral de Ponteareas | Fonte: Concello de Ponteareas

Tratábase de quince alumnos e alumnas irlandeses que un ano máis visitan Ponteareas dentro do programa ERASMUS. A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández Dávila, trasladoulle ao alumnado a importancia social e turística do Corpus e as actividades que se desenvolven no marco destas festas. 

Co obxectivo de promocionar a nosa arte efímera única no mundo polo seu sentir e pola súa longa tradición, a concelleira, que tamén é alfombrista colaborou na confeción desta alfombra na que se reproducía o escudo das dúas cidades. 

Os estudantes galegos e irlandeses tamén participaron nun partido de fútbol gaélico no que os de Tuam amosaron parte das súas tradicións deportivas aos de Ponteareas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta