Os prezos industriais galegos soben menos que a media en marzo, pero suman 17 meses en positivo

Os prezos industriais aumentaron un 0,3% en marzo en Galicia respecto ao mesmo mes de 2017, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2018 | Actualizada ás 11:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 (EUROPA PRESS)

Precios Industriales
Precios Industriales | Fonte: Europa Press

Deste xeito, a Comunidade galega acumula 17 meses consecutivos de subida interanual --a última baixada é de outubro de 2016--, case á vez que a media española, que suma 18 meses en positivo.

Con todo, esta alza do 0,3% dos prezos industriais galegos está un punto por baixo da aceleración do 1,3% producida no conxunto das comunidades.

Por tipoloxía, os bens intermedios son os que máis crecen de forma interanual (+1,9%), seguidos dos de equipo (+1,1%) e de consumo (+1%). A enerxía rexistra o menor avance (+0,1%).

En cambio, na comparativa dos prezos industriais co mes anterior de febreiro hai un descenso en Galicia do 1,4%. De feito, é o segundo máis acusado polas comunidades só superado por Asturias.

Na media do que vai de ano --entre xaneiro e marzo-- son datos negativos, cun retroceso do 1,7%, segundo o INE.

DATOS ESTATAIS

Os prezos industriais baixaron en España un 0,9% o pasado mes de marzo en relación ao mes anterior, pero aceleraron o seu crecemento interanual unha décima, ata o 1,3%.

Co repunte interanual de marzo, os prezos industriais encadean 18 meses consecutivos en taxas positivas.

A aceleración da taxa interanual dos prezos industriais debeuse ao repunte en case dous puntos da variación interanual da enerxía, ata o 3%, debido ao encarecemento do refino de petróleo.

Pola contra, entre os sectores industriais con maior influencia negativa na evolución anual do índice xeral destacan os bens intermedios, que recortaron catro décimas a súa taxa interanual, ata o 2,1%, e os bens de consumo non duradeiro, que reduciron dúas décimas a súa taxa, ata o 0,4%, pola diminución dos prezos da fabricación de aceites e graxas vexetais e animais.

A taxa de variación anual do índice xeral sen enerxía baixou dúas décimas en marzo, ata o 1,2%, co que se sitúa unha décima por baixo da do índice xeral.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta