A lingua importa tamén para os máis pequenos das grandes cidades galegas

O CEIP Paraixal de Vigo organiza unha serie de charlas, xogos e concertos para destacar a importancia do uso do galego entre os máis pequenos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/04/2018 | Actualizada ás 09:05

Comparte esta noticia

“A língua importa”. Este o nome das xornadas que o vindeiro 11 de maio organiza o CEIP Paraixal, unha escola unitaria en infantil e nos 3 ciclos de primaria das aforas de Vigo que se caracteriza por un modelo de ensino colaborativo, onde as familias e o profesorado colaboran en todo o que acontece na escola.

Manifestación de Queremos Galego en Santiago
Manifestación de Queremos Galego en Santiago

Nas xornadas, nas que participa a Deputación de Pontevedra e a Agal, falarease das estratexias para aproveitar os ambientes plurilingües, así como da homenaxeada este ano no día das letras, María Victoria Moreno.  Tamén haberá obradoiros para nenos, concerto de Caxade e xogos coa Liga Gallaecia de fútbol gaélico.

O CEIP Paraixal é un centro modélico no que se mudou o proxecto de centro. Así, os libros de texto e as avaliacións retiraranse progresivamente, e vaise cara un modelo participativo de ensino.  “É unha escola onde o profesorado fórmase en igualdade facendo formación integral na propia escola e onde as familias fan o mesmo”, apunta Rute Pallares.

Precisamente, as xornadas que organizan en maio van destinadas tamén aos nenos e as súas familias para impulsar e manter un idioma, o galego, que é o maioritario entre profesorado en horario escolar e moi usado entre o estudantado.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta