A condutora que seguiu a marcha após atropelar a un peón en Santiago deu positivo na proba de alcoholemia

A condutora detida após continuar a marcha despois de atropelar a un peón en Santiago de Compostela na noite do martes obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2018 | Actualizada ás 16:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A condutora detida após continuar a marcha despois de atropelar a un peón en Santiago de Compostela na noite do martes obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia.

Segundo os datos da Policía Local de Santiago, o accidente de tráfico con fuga tivo lugar sobre as 22,45 horas na rúa Juan Carlos I, xunto á Alameda, ao atropelar un vehículo a un peón, que resultou ferido grave.

A condutora, concreta a Policía Local, inicialmente fuxiu do punto do atropelo, pero posteriormente regresou ao lugar, ao que acudiu "nun taxi" e deu positivo na proba de alcoholemia.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o accidente produciuse cando un turismo golpeou a un peón e continuou a marcha. Así o explicou unha testemuña do sinistro, que se puxo en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE).

Ao lugar do accidente, desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia e axentes da Policía Local de Santiago de Compostela. En concreto, o 061 enviou unha ambulancia asistencial que levou ao novo ferido, D.E.B., de 19 anos de idade, ao Hospital Clínico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta