Xornal materializa a súa aproximación ao PSOE

O diario coruñés renova o seu Consello de Administración con xente vinculada aos socialistas. A operación está pactada co propio Pachi Vázquez.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 24/02/2011 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O empresario Alfonso Paz-Andrade é, desde hai uns días, o novo presidente do Consello de Administración de Xornal de Galicia, SA. Substitúe no cargo a Domingo Docampo. Con el tamén estarán Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como cepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo.

Con este cambio, Xornal de Galicia materializa a súa aproximación ao PSOE, partido co que xa mantiña lazos moi activos nos últimos meses. De feito, os tres máximos dirixentes do Consello de Administración están vinculados, ben de xeito directo ou indirecto, ao Partido Socialista. O novo presidente do Consello de Administración mantén boas relacións co PSOE e mesmo chegou a aconsellar ao ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en varios asuntos importantes durante o Bipartito. Xosé Díaz é fillo dun histórico galeguista e moi próximo ao socialismo e Miguel Barros foi concelleiro do PSdeG en Vigo. Todos eles teñen en común, ademais,  unha visión galeguista de Galicia.

Cambio pactado

Segundo fontes da dirección do PSdeG consultadas por GC, este cambio foi pactado cos socialistas e o propio Pachi Vázquez e José Blanco supervisaron os nomeamentos e a nova liña de Xornal que, a partir de agora, manterán unha vinculación máis estreita con este partido. O obxectivo, segundo as fontes consultadas, é que Xornal "contrarreste" as informacións "maliciosas" doutros medios de comunicación, especialmente, de La Voz de Galicia, que nos últimos tempos mantén unha liña moi dura contra o secretario xeral socialista e contra o PSdeG, en xeral.

Tamén José Blanco foi partícipe deste cambios. De feito, o ministro e número dous do PSdeG é un dos  dirixentes políticos mellor tratados no xornal coruñés.
Un cambio que tamén vai aparellado a actual situación económica de Xornal que non ten ningún tipo de axuda nin subvención por parte da Xunta de Núñez Feijóo. O propio director deste medio, José Luis Gómez, xa mantén esta línea de aproximación desde hai meses.

GC púxose en contacto con Xornal de Galicia para coñecer a súa opinión. Nun comunicado sinalan que esta decisión adoptouse o pasado venres en Vigo, "cidade que terá un papel máis destacado na estrutura empresarial e editorial de Xornal". "É só o movemento máis visible no reforzo dun medio que quere crecer como alternativa en Galicia e que ampliará a súa estrutura nos próximos meses", apunta.

"Borrar" ao BNG

"Do que se trata é de  borrar a idea de que isto é un xornal do BNG", apuntan xornalistas do propio medio consultados por GC. E é que, o nacemento de Xornal está moi vinculado a Quintana e ao BNG. Unha foto do ex líder nacionalista e do promotor deste diario, Jacinto Rey, provocou unha campaña mediática sen precedentes xusto antes das eleccións autonómicas.

Sen embargo, desde entón, a relación deste medio cos nacionalistas foi de máis a menos. A UPG sempre criticou a súa liña "progre" e "falsamente galeguista" e con Máis Galiza e o seu líder, Carlos Aymerich, non hai "moita sintonía". Pola contra, co PSdeG aconteceu o contrario, e a vinculación cos novos dirixentes socialistas e con Pachi Vázquez foi de menos a máis.

Menos novas en galego

Por outra banda, e desde hai máis dun mes, a dirección do Xornal deu ordes de diminuir a publicación de novas en galego na súa edición dixital. "Non é algo que se teña transmitido de xeito oficial nin a todas as seccións pero si que hai a xente que se lle dixo iso", aseguran profesionais de Xornal consultados. "A min dixéronme que había que publicar menos en galego que así non vendiamos na rede", comenta outro xornalista coruñés. Este punto non puido ser contrastado con fontes da dirección do xornal.

Con todo, segundo outras fontes consultadas esta orde pode ter máis que ver con cuestións técnicas que ideolóxicas xa que o buscador de Google discrimina ás publicacións que están escritas en galego e prima as que están en castelán.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

45 Virus

Encántame ler aos directivos do Xornal e o Galicia Hoxe defendendo o seu traballo nos comentarios do GC. É marabilloso :-)

44 edcgy

El único problema que tienen es el fantasma que cobra como director.

43 trabadense

Motivos para non comprar Xornal: -Está en castelán e o pouco que esta en galego é con criterios diglósicos, marcando con vellos preconceptos o que pode estar en galego e o que non, economia, deportes, sociedade nunca en galego. -Nace dunha prevaricación clarísima entre Quintana e Jacinto Rey, muiños a cambio dun xornal que traballe para o BNG. -A liña editorial é patética, está centrada en ir facendo a pelota a quen Gomez cre: directivos caixas, pepe blanco, etc -Crea unha realidade virtual: inventase sectores galeguistas en PP e PSOE, etc

1 Mastro

Pois non o compres home, non o compres, con iso xa chega. Eu penso seguir mercándoo porque son un prevaricador que me gabo de selo cando á hora de mercar un xornal. E porque a min me da a realisima e santísima gana de facelo, porque outros non criticados por ti Trabadense xa os leo de balde cando quedo nos locais de hostalaría.

2 xornalisto

Esquéceste trabadense do motivo principal: Non merco xornal porque é o único medio de comunicación diario de Galicia que non está controlado polo PP. Que escándalo¡¡¡¡

42 Agapito Pato

Xornal e La Voz son duas patas do mesmo banco, o banco da manipulación informativa en Galicia, ambas liñas editorias están ferreamente controladas respectivamente por Gómez e por Santiago Rey, que non deixan de ser un par de megalómanos caprichosos e manipuladores sen escrúpulos. Como galeguista convénceme moito máis Galicia Hoxe, non é perfecto pero é máis plural ten unha liña mais ou menos constante e coherente, e está en galego, non en castelán como LVG e Xornal.

41 caralladas_

No Xornal de hoxe (prensa escrita, non online) excluido cultura e opinión (que a escribimos os de fora) hai un 10% de novas en galego. Un 0% nas seccións españa, mundo, en clave e deportes, un 10% na sección actualidade e un 20% nas seccións galicia (manda truco) e economía. A min que se arrime al psoe me la pela. É máis, canto máis plurais, e máis xente do pp, psoe, bng e sobre todo non-políticos participen, mellor. Pero por unha reducción do galego á mínima expresión non paso.

1 pepa

Pois le La Voz ou calquera outro medio que está integramente en castelán e non defende a lingua claramente como Xornal. Pero o máis importante de todo. Le calquera outro medio e non terás o contrapunto á información. Polo menos en Xornal contán o que ningúen conta en Galicia. Se iso non é suficiente, quédate con La Voz e demais, que eses si que fan país (sobre todo en galego).

2 Mastro

Para ler prensa escrita diaria en galego temos o Galicia Hoxe. Ainda así hai que diferenciar as liñas editoriais, non é mesmo ler El Chorreo Gajejo que la La Coz, ou El Pais Español Alg Galego, el ABC de la derechoña, La Razón de la rerechona, El Mundo de la rerechona ou o Xornal. Este mundo e esta sociedade é un cúmulo de imperfeccións, pero na capacidade de escolla está a nosa capacidade de inflexión. Convence e vencerás, láiate e só terás motivos para o infortunio.

3 Mangante

En Xornal "recomendouse" non utilizar o galego para determinadas informacións de deportes. Os de dentro o negaredes, igual que os puxestes todos como tolos no Facebook disparando contra o mensaxeiro. Menos mal que están as hemerotecas para demostralo.