Xornal materializa a súa aproximación ao PSOE

O diario coruñés renova o seu Consello de Administración con xente vinculada aos socialistas. A operación está pactada co propio Pachi Vázquez.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 24/02/2011 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O empresario Alfonso Paz-Andrade é, desde hai uns días, o novo presidente do Consello de Administración de Xornal de Galicia, SA. Substitúe no cargo a Domingo Docampo. Con el tamén estarán Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como cepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo.

Con este cambio, Xornal de Galicia materializa a súa aproximación ao PSOE, partido co que xa mantiña lazos moi activos nos últimos meses. De feito, os tres máximos dirixentes do Consello de Administración están vinculados, ben de xeito directo ou indirecto, ao Partido Socialista. O novo presidente do Consello de Administración mantén boas relacións co PSOE e mesmo chegou a aconsellar ao ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en varios asuntos importantes durante o Bipartito. Xosé Díaz é fillo dun histórico galeguista e moi próximo ao socialismo e Miguel Barros foi concelleiro do PSdeG en Vigo. Todos eles teñen en común, ademais,  unha visión galeguista de Galicia.

Cambio pactado

Segundo fontes da dirección do PSdeG consultadas por GC, este cambio foi pactado cos socialistas e o propio Pachi Vázquez e José Blanco supervisaron os nomeamentos e a nova liña de Xornal que, a partir de agora, manterán unha vinculación máis estreita con este partido. O obxectivo, segundo as fontes consultadas, é que Xornal "contrarreste" as informacións "maliciosas" doutros medios de comunicación, especialmente, de La Voz de Galicia, que nos últimos tempos mantén unha liña moi dura contra o secretario xeral socialista e contra o PSdeG, en xeral.

Tamén José Blanco foi partícipe deste cambios. De feito, o ministro e número dous do PSdeG é un dos  dirixentes políticos mellor tratados no xornal coruñés.
Un cambio que tamén vai aparellado a actual situación económica de Xornal que non ten ningún tipo de axuda nin subvención por parte da Xunta de Núñez Feijóo. O propio director deste medio, José Luis Gómez, xa mantén esta línea de aproximación desde hai meses.

GC púxose en contacto con Xornal de Galicia para coñecer a súa opinión. Nun comunicado sinalan que esta decisión adoptouse o pasado venres en Vigo, "cidade que terá un papel máis destacado na estrutura empresarial e editorial de Xornal". "É só o movemento máis visible no reforzo dun medio que quere crecer como alternativa en Galicia e que ampliará a súa estrutura nos próximos meses", apunta.

"Borrar" ao BNG

"Do que se trata é de  borrar a idea de que isto é un xornal do BNG", apuntan xornalistas do propio medio consultados por GC. E é que, o nacemento de Xornal está moi vinculado a Quintana e ao BNG. Unha foto do ex líder nacionalista e do promotor deste diario, Jacinto Rey, provocou unha campaña mediática sen precedentes xusto antes das eleccións autonómicas.

Sen embargo, desde entón, a relación deste medio cos nacionalistas foi de máis a menos. A UPG sempre criticou a súa liña "progre" e "falsamente galeguista" e con Máis Galiza e o seu líder, Carlos Aymerich, non hai "moita sintonía". Pola contra, co PSdeG aconteceu o contrario, e a vinculación cos novos dirixentes socialistas e con Pachi Vázquez foi de menos a máis.

Menos novas en galego

Por outra banda, e desde hai máis dun mes, a dirección do Xornal deu ordes de diminuir a publicación de novas en galego na súa edición dixital. "Non é algo que se teña transmitido de xeito oficial nin a todas as seccións pero si que hai a xente que se lle dixo iso", aseguran profesionais de Xornal consultados. "A min dixéronme que había que publicar menos en galego que así non vendiamos na rede", comenta outro xornalista coruñés. Este punto non puido ser contrastado con fontes da dirección do xornal.

Con todo, segundo outras fontes consultadas esta orde pode ter máis que ver con cuestións técnicas que ideolóxicas xa que o buscador de Google discrimina ás publicacións que están escritas en galego e prima as que están en castelán.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

30 Unha xornalista

Xornal tamén ten xefes e directores. E ten despedidos e discriminados. E hai presións. E hai un director que saliu de La Voz como saliu e por iso está obsesionado cos de Sabón e con todos os xornalistas que traballan en La Voz. E hai un propietario que ten unha constructora que recibe moi bos tratos de Fomento..Por que está ben criticar a La Voz pero hai que mirar a palla no ollo alleo. Claro e todo iso págase e son os pagos que ten que facer Xornal. E os seus xornalistas pois terán que calar, achantar e escribir o que lle mande Gómez sobre o PSOE como din que facemos os de La Voz co señor Rey. É o prezo que se paga por traballar onde traballamos. É o que hai

1 Pardo de Cela

Saiu da Voz canda os fillos do faraón. A ver si San José non pode ter relacións con Fomento, cando iso deriva dun concurso, non como as subvencións que o PP cos cartos da Xunta, lle está dando a Voz. Si coma dís eres xornalista na Voz. Mellor estabas caladiña antes de dicir as barbaridades e mentiras que escrebiches.

2 Outro xornalista

Por fin alguén que fala con xeito. Refírome á xornalista, non a Pardo de Cela, nobre que intenta intimidar aos que non pensan como el pero que saben moito máis como funcionan tanto Xornal como La Voz. Os de Máis Galiza metéronvola doblada con Xornal, pero claro, a culpa será da UPG. E os concursos todos sabemos que se poden amañar. Case todas as adxudicacións a trama Gürtel foron por concurso, por exemplo.

3 directamente

San José ten o 40% da carteira fóra de España, señores. Vai ser presidente do consello de administración o ministro de infraestruturas de burundi? Abúrrense moito

4 xornalisto

De veras?, veña home, os medios de comunicación teñen donos que vixilan os seus intereses, non me digas.... Pois é obvio que sí. XdG é un medio coma os demáis, defende ós seus donos e é progresista e galeguista. A Coz defende ós seus donos e é de dereitas, curuñesista e nada galeguista. E logo no quiosco cada un merca o que lle peta. O problema é que xornal non chupa da teta de todos tanto como a voz leva chupado nos últimos 30 anos....

5 Pardo de Cela

Sen intimidar: Négome a crer cun outro sexa xornalista, pois non sabe escreber e tersiverxa. Ah, que tamén vai ser da Voz como a primeira xornalista. O señor Rey JB mandouvos trollear no GC?

6 otra que sabe

Pero no despidieron hace nada a un periodista como la copa de un pino porque por estar de baja por depresión le decían que estaba haciendo el tonto y con amenazas de un director y un jefecillo incluídas. Ese es vuestro querido Xornal de Galicia. Por no hablar de los despedidos de Vigo, de Santiago y los de Coruña. Y los que habrá, porque ya vereis que esta aventura no dura mucho y ya habrá un A Nosa Terra II con 70 trabajadores sin cobrar un duro. Tiempo al tiempo.

7 xornalisto

Home con 1500 millóns/18 meses de subvención pública XdG seguramente mediría menos o gasto e non despediría a ninguén. Pardo de Cela eu a diferencia de tí creo que esta xente que tanto terxiversa e non sabe escribir son xornalistas e precisamente polo anterior son de La Coz de Galicia. Xornal de Galicia da pluralidade á prensa galega iso é obvio. Quen queira a súa desaparición o que en realidade quere é a desaparición desa pluralidade. Dígoo porque algúns andan perdidos na discusión e vanse polas ramas. Céntrense señores no problema. Hai un medio de esquerdas e galeguista en Galicia non controlado polo PP. Que escándalo¡¡¡¡¡

8 Unha xornalista

O que queirades señores directores de Xornal, que sodes os que escribides aquí (Val, javi Blanco e Gómez), pero as realidades son as realidades por moito que fastidien. Despedichedes hai nada a un xornalista que se enfrentou a Gómez; desamentelachedes as delegacións todas, sobre todo a de Vigo, e resulta que vexo na noticia que dicides que Vigo "terá un papel destacado", ha, ha... Destacadísimo sen ninguén alí. E logo andades despedindo xornalistas paseniñamente e xustificades estes despidos falando de subvencións. Que pasa, señores, que estades a favor das subvencións, que tedes envexa de que non volas den, ou é que fixechedes unha plantilla tan grande que agora tedes que despedir a grandes xornalistas?. En fin, cando se fai un medio hai que planificalo e moito e vos, de planificar pouco. O que xa dixo alguén por aí. Cando peche o grifo Jacinto Rey, 70 xornalistas á rúa e logo a ver que dicides. Será culpa tamén de La Voz de Galicia, a que si?

9 Lobo

Cando Peche o Xornal, e non sera moi tarde, a culpa como sempre sera da UPG por non controlalo, ao tempo

29 directamente

"Que leira queres sementar coa túa podremia?". Coñece este verso, señor redactor? Durme mellor cando publica inxurias? Non ten vostede nin idea, comete numerosos erros na argumentación. Está mal des-informado. Xornal é unha empresa onde, digo eu, traballan persoas, non entelequias nin procesadores automáticos de información dirixida por Ferraz ou Viguri. Se ten manías persecutorias vaia ao médico

28 Pardo de Cela

O Titular é moi sesgado. O fillo de Valentín Paz Andrade só se definiría coma galeguista. Miguel Barros hai anos que deixou o psoe e ao fillo de Díaz Pardo tampouco se lle recoñece militancia socialista. Por outra banda ten cesado Ceferino Díaz, este si do psoe e coido que Domingo Docampo tampouco era da FPG. Ao respecto dos contidos, é claramente plural fronte ao resto dos media galegos, e si pode ter máis galego, pero as comparacións ofenden (sobre todo con Voz e Faro). Como dixo Castelao "non lle poñas chatas a obra namentras non se remate, o que queira que se poña a traballar nela, hai sitio para todos".

27 Yago

Pero no es un diario coruñés! si toda la información de esta noticia está igual de contrastada que el calificar a Xornal un diario coruñes... mal vamos...

1 Uno de Coruña

Claro. Diario coruñés es solo la Voz de Galicia. Xornal, no. Xornal que despidió a todos sus trabajadores de Vigo y se quedó sin delegación, que tiene a dos en Santiago y al resto en Coruña no es un xornal coruñés. Lo que hay que leer.

2 Uno de Coruña

Por no hablar de su director que es vigués de toda la vida y proclama a Vigo por todas las esquinas

3 Pardo de Cela

José Luis Gómez foi nado en Brión, concello próximo a Santiago de Compostela. Xornal, a diferencia de Voz, Opinión e El Ideal, o que non é e localista, malia que a súa sé social sexa na Coruña.

26 Lobo

Non so cambia a sua linea ideoloxica, senon tamen que censuran todo o que a critique, en concreto non publicaron un comentario meu no que xa denunciaba o cambio ideoloxico cara un galeguismo de dereitas, e a sua e nula capacidade xestora, xa que alguns dos seus conselleiros si se distiguiron en algo foi en levar a creba a historica cabeceira nacionalista de A Nosa Terra.

1 si o si

Non ladres lobiño, foron os teus os que cha meteron dobrada!