Pontón acusa a Feijóo de ser "recadeiro" de Rajoy

A portavoz nacional do BNG cualificou de "vergoña" e "latrocinio" o protocolo subscrito pola Xunta polo que a Administración autonómica queda co 51% dos peiraos coruñeses de Calvo Sotelo e Batería.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/04/2018 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Ana Pontón criticou o protocolo subscrito pola Xunta, o Ministerio de Fomento e a Autoridade Portuaria da Coruña, polo que a Administración autonómica quedará con algo máis da metade dos peiraos coruñeses de Calvo Sotelo e Batería.

Ana Pontón, do BNG
Ana Pontón, do BNG

En rolda de prensa, xunto á concelleira do BNG no Concello da Coruña, Avia Veira, Pontón anunciou unha batería de iniciativas no Parlamento galego para que "das obras de Portos do Estado se faga cargo o Estado", dixo, co rexeitamento a achegar diñeiro para financiar as obras de Punta Langosteira. Fíxoo despois do protocolo subscrito pola Xunta, Fomento e a Autoridade Portuaria polo que a Xunta achegará 20 millóns para os peiraos de Calvo Sotelo, Batería e San Diego.

Na sinatura, o titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, argumentou que, con esta actuación, garántese a "titularidade pública" dos dous primeiros peiraos, aínda que non concretou o destino de San Diego.

MODELO "ESPECULATIVO"

Para Pontón, esta firma é "o protocolo da vergoña" e consolida "un modelo especulativo", en alusión á posible construción de vivendas neste último peirao. Tamén cualificou como "un agravio" que a Xunta achegue diñeiro para uns terreos "que son propiedade da cidade".

"Queremos o mesmo trato que Barcelona e Valencia, onde foron devoltos de forma gratuíta", sinalou como exemplo. "Desde o BNG non estamos dispostos a aguantar unha discriminación máis con Galicia", avisou a dirixente nacionalista, para quen o PP "utiliza" as institucións para "un negocio".

Por iso, e fronte ao protocolo subscrito, instou ao presidente da Xunta a non actuar como "recadeiro de Rajoy" e reclamar "a devolución dos terreos no minuto que deixen de ser utilizados como actividade portuaria e a custo cero", engadiu sobre o traslado a Langosteira de empresas que agora operan nestes peiraos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Noa Ramos

E Pontona é a recadeira de Paco Rodriguez. Notouse moito a alusión.

1 Vómito

E tu recadeiro da ignorancia e a estulticia. É difícil ser máis ruín e rastreiro