Temas: CIG PARO EMPREGO

A CIG ve o 1 de maio como paso previo para unha folga xeral en xuño

O sindicato pide a participación masiva durante o Día da Clase Traballadora. Consideran que a situación laboral "non só non mellorou senón que empeorou".

Por E.P. | VIGO | 27/04/2018 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A CIG chama á cidadanía a participar "masivamente" na manifestación que convocou para o 1 de maio polo Día da Clase Traballadora ante unha situación laboral que considera que "non só non mellorou, senón que continúa empeorando". Trátase dunha mobilización que ve como un paso previo a unha folga xeral que convocará antes do verán.

A CIG presenta as manifestacións polo 1 de Maio de 2018
A CIG presenta as manifestacións polo 1 de Maio de 2018 | Fonte: Europa Press

A iniciativa foi presentada este venres en Vigo --que será a cidade que acollerá a manifestación central da CIG-- polo secretario comarcal do sindicato, Alberto Gonçalves, quen remarcou que a pesar de que os indicadores macroeconómicos mostran síntomas de recuperación, "o desemprego é insoportable" e hai unha "brutal precarización das condicións laborais".

Neste marco, criticou que os salarios están a ser atacados por que "se priva do emprego", por que se paga menos ou se fai traballar máis por menos salario, e, indirectamente, polos recortes e a privatización dos servizos públicos e pola "nova campaña" contra as pensións públicas. "Atacan ós salarios para seguir coa explotación obreira", selou.

Tamén aludiu a que hai "violencia da patronal contra a clase traballadora" a través da "temporalidade, as altas cargas de traballo, o acoso aos traballadores a golpe de sancións e ameazas, o incumprimento dos convenios, as horas extra que non se pagan, e a inacción da autoridade laboral".

No relativo a Galicia, tamén reprobou a "ausencia de políticas industriais, de emprego e sociais"; un contexto no que manifestou que o "país segue condenado a ser a periferia" de España, porque, "sen industria, ningún país ten futuro".

Ante esta situación, remarcou que este primeiro de maio é necesario que a cidadanía plante cara ao conflito coa mobilización na rúa e nos centros de traballo. "Non pode haber paz social mentres o Goberno pisa os nosos dereitos, é tempo de facer unha moción de censura, de confrontar, de pasar á ofensiva", rematou.

CAMIÑO Á FOLGA XERAL

Neste senso, a CIG considerou que "é tempo de facer unha folga xeral", cuxa data comunicará o propio día 1 de maio. En todo caso, asegurou que será antes do verán, e en concreto no mes de xuño.

Sobre a participación dos sindicatos CC.OO. e UGT nestas mobilizacións, Gonçalves comentou que na CIG están "fartos de esperar". "Se veñen connosco, serán benvidos, senón xulgará a clase obreira", espetou.

En relación con iso, a preguntas dos xornalistas respondeu que o sindicato nacionalista defende a unidade de acción coas demais centrais, pero non só para unha manifestación concreta, cando "non a hai na realidade das fábricas e sobre todo cando son cómplices do que está a ocorrer coas pensións".

"Se non cambian de actitude non poderemos camiñar xuntos, que máis quixésemos!", agregou. Así mesmo, en canto ás organizacións máis pequenas que se agrupan como "sindicatos alternativos", indicou que tamén lles chaman a unirse. Así, aínda que polo primeiro de maio habitualmente cada unha fai a súa mobilización, dixo que "non lles pechan a porta".

Temas: CIG PARO EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Guillerme Gintonic

Os que non traballan e viven da mamandurria das cotas dos afiliados, sempre falando de folgas xerais