O PP chama "reunión de amigos" ao foro sobre usos da fachada marítima da Coruña

O foro do proceso denominado 'Tecendo Litoral', está articulado polo concello coruñés como un espazo de participación onde definir os usos da beiramar coruñesa.

Por E.P. | A Coruña | 28/04/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O foro "Tecendo Litoral" tivo unha asistencia de arredor das 300 persoas, contanto coa "satisfacción" do goberno local. Non obstante, o PP cualificouno de "reunión de amigos". Este encontro nace despois da oposición do goberno local, enbacezado por Marea Atlántica, ao acordo establecido entre o Ministerio de Fomento, Puertos del Estado, a Autoridade Portuaria e a Xunta de Galicia, sobre o futuro dos peiraos de Baterías e Calvo Sotelo, establecidos en 2004, "en medio da opacidade", segundo se denuncia desde a administración local.

Torre de Hércules
Torre de Hércules

O concello mostrouse satisfeito pola asistencia cidadá a un Foro que "responde ao desexo dos veciños de poder contribuir ao necesario debate cívico sobre un asunto tan crucial como é o futuro da cidade", explicou a concelleira de Participación Claudia Delso. O encontro foi retransmitido en streaming habilitado na web do concello e qu resixstrou, segundo fontes municipais, unha media de 50 usuarios.

Este foro comezou o ano pasado e trata de deseñar unha solución global, "coordinada e participada para a beiramar", mediante un primeiro proceso de investigación para o que entrevistaron "a máis de 60 axentes dos ámbitos institucional, académico, económico e social" e experiencias de libreación portuaria en Donostia, Seúl, Brest, Flase Creek e Granvill.

Tamén se achegaron representantes das cidades de Bilbao, Barcelona, Saint Nazare, Mallora e Valencia e coa participación de Ibón Areso, ex alcalde de Bilbao, Josep Bohigas, director de Barcelona Regional; Samuel Soriano, do polo metropolitano Nantes-Saint Nazaire, ou Ramón Marrades, de Marina Valencia. Tamén parciparon axentes locais e metropolitanos expertos no ámbito litoral, como o enxeñeiro Carlos Nárdiz, a arqueóloga Isabel Filgueiras ou o vicepresidente da lonxa da Coruña, Torcuato Teixeira.

Asistiron tamén os alcades de Sada, Oleiros, Culleredo, Cambre e Bergondo, así como representantes das Universidade ou da Federación de Asociacións de Veciños ou a Confederación de Empresarios, como Julio Abalde, Luisa Varela ou Antonio Fontenla.

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, lamentou a ausencia dos presidentes da Xunta, Puertos del Estado e Autoridad Portuaria, ao estimar que "este Foro evidenciou que a cidadanía demanda unha serie de necesidades que non se axustan ao traxe que confeccionaron para os terreos portuarios" e que os convenios de 2004 se suscribiron "no medio da opacidade". A última fase do proceso "Tecendo Litoral" será en maio, cando se presente un resumo executivo coa análise, diagnóstico e conclusións das fases anteriores.


"REUNIÓN DE AMIGOS", PARA DIEGO CALVO

Pola contra, o presidente do PP da Coruña, Diego Calvo, cualificou o encontro como "unha reunión de amigos de Ferreiro" e censurou que o rexedor de A Coruña pretenda convencer de que as "conclusións do encontro representan a opinión da maioría dos coruñeses"

Entrevistado en Radio Coruña, Diego Calvo asegurou que, se a intención do alcalde era debater sobre o futuro dos terreos portuarios da cidade, debería ter convidado "a todos os portavoces da oposición e non unha serie de persoas concretas" cunha maneira "xa predeterminada de presentar as solucións ao problema".

"Parece que Ferreiro esqueceu que o resto das forzas políticas da corporación municipal de A Coruña representan a moitos máis coruñeses que os que reprsenta a Marea Atlántica", puntualizou Diego Calvo, para quen o convite á Xunta e ao Puerto era "simplemente a aplaudir". A xuízo de Diego Calvo, " A Coruña é moito máis do que eles podan decidir neste foro", pese a que "enganan a uns cantos" ou "lle dean moita publicidade e paguen moitos anuncios".

Para o presidente do PP na provincia da Coruña, o debate sobre a fachada marítima é unha cortina de fime para tapar a polémica sobre os pisos "comprados a amigos da Marea", o atraso nas obras de Alfonso Molina ou "a posible folga do lixo". Así que para Diego Calvo, "cando se ve acurralado, o alcalde bota man dos seus temas recorrentes", aludindo á área metropolitana, o consorcio do transporte "e agora o porto".

"Pediron por terra, mar e aire que se blindase a titularidade pública dos peiraos de Batería e de Calvo Sotelo, e que se garantise o finanzamento do tren a Langosteira e iso é precisamente o que lograron" conclúe Calvo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta