Abel Losada, PSdeG: “Somos escépticos sobre a eficacia do control da Xunta na mina Touro-O Pino”

O deputado socialista considera que diante da actual situación de abandono nas antigas explotacións, non se podería pensar nunha reapertura da actividade de extracción.

Por Galicia Confidencial | Touro-O Pino | 29/04/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Abel Losada, do PSdeG, visitou as antigas instalacións da mina de cobre entre os concellos de Touro e O Pino. A visita enmarcouse dentro dos convites ás forzas parlamentarias que realizou a Plataforma Mina Touro-O Pino Non. “Tamén tiñamos convidados aos do PP pero ata o de agora non responderon ao noso convite”.

O deputado Abel Losada con veciños de Touro O Pino
O deputado Abel Losada con veciños de Touro O Pino | Fonte: PVMTOPN

Durante a visita, Abel Losada puido ver a situación na que están as vellas instalacións onde agora Cobre San Rafael quere reabrir a actividade extractiva. “A situación deste lugar despois de ser abandonado pola empresa mineira é insostible e a administración debe corrixir todos os erros que podemos ver no lugar” di Losada. O deputado autonómico declarou tamén a Galicia Confidencial que “vistos os informes de diversas organizacións sobre o impacto que tería a nova explotación, sumándolle a actual situación ambiental, non é un proxecto que podería ser viable”.

Losada remarcou que diante da situación de verteduras aos regatos e cursos de auga desde as balsas, “o PSdeG somos escépticos sobre a apertura tal como está a zona, sen que se teña corrixido todo o que hai de deficitario e tamén somos escépticos sobre a eficacia dos controis medioambientais por parte da Xunta” en referencia ao estado actual do lugar.

Preguntando máis en concreto sobre a postura do PSdeG ante a posibilidade de reapertura, Abel Losada di “hai un marco legal que hai que respectar, a empresa ten uns intereses que son lexítimos, pero tamén están os intereses dos cidadáns e por iso hai que esixir que se cumpra coa lexislación vixente” pero “un proxecto megamineiro como o anunciado é difícil que encaixe nun lugar de desenvolvemento rural, por iso esixiremos que se cumpran todas as garantías legais”.

REUNIÓNS E EXPEDIENTES

O día 3 de maio reprensentantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, reuniranse coa Valedora do Pobo en Santiago para presentarlle as consecuencias que pode ter unha futura apertura da mina de Touro sobre a ría. Antes, o luns 30 de abril, celebrarase unha rolda de prensa por parte da eurodeputada Lidia Senra e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non, para dar conta da petición rexistrada no Parlamento Europeo para a investigación sobre vulneración de directivas internacionais na restauración da antiga mina de Touro.

Por outra parte, desde a asociación Aldea Viva emitiuse un comunicado no que anuncian “que se están a substanciar expedientes sancionadores por contaminación ambiental contra Explotaciones Gallegas S.L. A matriz das ´empresas de valorización´ da mina de Touro e propietaria dos terreos, constitúe xunto a Atalaya Minning a mercantil Cobre San Rafael, que pretende reabrir a mina de Touro-O Pino”.

A apertura destes expedientes, segundo Aldea Viva, corresponderían ás denuncias realizadas logo das verteduras no mes de febreiro procedentes das balsas da antiga mina. Ditas verteduras levarían canda si elementos contaminantes que irían ao río Brandelos e logo para ao Ulla. “Esperamos que a administración tome as medidas de seguridade precisas, que se establezan os protocolos de seguridade para a prevención deste tipo de verteduras” din desde Aldea Viva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lonce

Feijoo eres un hi jo de pu ta