Miguel Santalices: "O PP faría mal se non tomase nota" dos casos de corrupción

O presidente do Parlamento de Galicia di isto ante o "certo desasosego" dos cidadáns coa política, "exacerbado" nos últimos tempos por mor dos casos de corrupción.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2018 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, considera que o "PP faría mal se non tomase nota" ante o "certo desasosego" dos cidadáns coa política, "exacerbado" nos últimos tempos por mor dos casos de corrupción, e que se deberían frear "sabendo seleccionar mellor aos representantes".

Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia
Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

En entrevista na Cadena Ser, mostrouse firme ao asegurar que "non hai nada máis grande que exercer a representatividade dos cidadáns" e que, por tanto, non se debería "embarrar nin enlodar", porque podería ter "consecuencias nefastas". Asumido isto, recoñece que todos os partidos deberían "tomar nota". "Isto é unha mensaxe que deberiamos recoller todos, e o meu partido faría mal se non tomase nota, como non vai tomar nota, eu son o primeiro que o pido".

Preguntado pola situación que se xera tras os casos xurdidos esta semana de Cifuentes ou Gallardón, sostén que "é necesario facer as cousas con normalidade e con sentido común e así se evitarían moitas das situacións dos últimos tempos e últimos días".

Pero ante a postura de apartar da política a persoas que están en posición de prexudicar aos partidos, avogou "por seleccionar ben para a política", dándolle a volta á formulación, e estimando que "hai que seleccionar ben a quen van representar os cidadáns", posto que "todos teñen un historial e isto sábese" e pódese "chequear, co que obtés datos ou pistas" que garantan sobre quen depositarán os cidadáns a súa confianza.

SITUACIÓN DE XOÁN HERMIDA

Sobre a situación na que se atopa En Marea, o presidente da cámara galega non quixo entrar no "proceso interno" que ten o grupo, e que vincula a que "posiblemente" teña que "tomar dúas decisións", aínda que sen citar especificamente a Paula Quinteiro e a Xoán Hermida e ante o que defende que "a Mesa do Parlamento como órgano soberano está a cumprir escrupulosamente" o que lle corresponde.Defende así a actuación do Parlamento neste asunto, guiado polos servizos xurídicos, en "un proceso complexo" que "a xente ás veces non entende".

Baseándose nos servizos legais do Parlamento, explicou que Xoan Hermida é deputado xa electo desde que se lle causa notificación e que, por tanto, ten dereito a percibir unhas retribucións e a inmunidade parlamentaria inherente ao cargo.Pero para adquirir esa condición plena de deputado, tería que tomar posesión nun máximo de tres plenos, e se non o fai, perdería as prerrogativas que lle corresponden, como as retribucións económicas ou a inmunidade parlamentaria, polo que "seguiría sendo deputado pero sen perrogativas".

Neste contexto, Santalices non quixo entrar no debate xerado sobre unha utilización do Parlamento para resolver os problemas internos. Os órganos de dirección e servizos xurídicos, remarcou, fan "estritamente o que contempla o regulamento" e cúmprese "con absoluta rectitude". Ante a posibilidade de que, derivado dos movementos de En Marea, se cre un grupo mixto, legou que "a decisión a teñen eles", o "mecanismo está aberto e está establecido", e isto vai depender de como evolucione "a situación interna deste grupo de En Marea".

SUCESIÓN DE FEIJÓO

Por outra banda, Miguel Santalices mostrouse partidario de que Feijóo opte a unha cuarta lexislatura en Galicia, aínda que sen descartar que poida ter que "botar unha man" a nivel estatal."Feijóo ten condicións para ser presidente do Estado, por bagaxe, por coñecemento e por rodaxe política", engadiu, aínda que "todo vai depender de como estea Galicia no momento no que haxa que tomar esa decisión, e sumado a isto como evolucione o futuro a nivel estatal". "Están a producirse situacións que poden complicar a viabilidade do futuro e o noso presidente estará para botar unha man se é necesario", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

Qué fai un sobriño de Cristina Cifuentes na TVG?

2 Carlos G.

Fíjate si toma nota que tu eres presidente del parlamento de Galicia después de ser uno de los principales apoyos de los Baltares, que como todo el mundo sabe nunca tuvieron problemas con la Justicia.

1 Venancio

Eu engadiría: Os xuices farían mal se o PP no se ilegalizase. O resto é querer seguir como se non pasase nada. Como se o que pasa non fora contigo,