Recollen galletas, cereais, leite ou cacao en po para os nenos en risco de exclusión social de Monforte

A recollida, organizada por Afundación e Cáritas, vai destinada a paliar os déficits en almorzos e merendas de nenos que non poden acceder a eles tras o peche dos centros escolares nas vacacións.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 02/05/2018 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración con Cáritas, puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos no seu Espazo +60 de Monforte de Lemos. 

Leite con galletas nunha merenda
Leite con galletas nunha merenda | Fonte: mamiverse.es

Durante todo o mes de maio, os socios e socias do centro recollerán as doazóns de galletas, cereais, leite ou cacao en po, destinadas aos almorzos e merendas dos nenos e nenas de familias en risco de exclusión social. Con esta iniciativa preténdese paliar o problema que supón para moitas familias o peche dos comedores escolares durante as vacacións. 

A iniciativa enmárcase na oferta de actividades da área de Envellecemento Activo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, que permite ás persoas participantes atopar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente, de seguir formándose, en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade, á vez que se goza de boa saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta