Temas: FEMINISMO

Manifestación feminista contra o precariado das mulleres traballadoras

A Plataforma Feminista Galega e a CUT participaron nunha marcha reivindicativa para denunciar a violencia machista e contra o actual sistema xudicial.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/05/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A praza 8 de Marzo en Santiago de Compostela foi o punto de inicio da manifestación convocada por "distintas colectivas, organizacións e individualidades feministas" para o primeiro de maio. Esta manifestación contou coa participación de diversos colectivos que se uniron baixo a petición de melloras no eido laboral e social para as mulleres.

Marcha Feminista 1 Maio Compostela
Marcha Feminista 1 Maio Compostela

A marcha transcorreu polas rúas de Santiago de Compostela desde as sete da tarde e finalizou ás oito e media despois de ler o comunicado que puña punto e final á convocatoria. Nese comunicado declaraban que esta era a continuación da folga do 8 de Marzo "chegamos até aquí despois do camiño feito desde a Folga Feminista, asumindo o noso compromiso como feministas de clase". Apuntan tamén "como feministas de clase na radicalización dos feminismos fronte ao feminismo baleiro de contido, domesticado e fagocitado por diferentes estancias do poder".

O traballo precario que recae sobre unha grande parte das traballadoras foi obxecto de denuncia ao sinalaren "sobre nós tamén recaen as políticas miserables deste sistema corrupto que funciona es e enriquece á nosa custa". Denuncian a merma nos seus dereitos laborais, pero tamén denuncian a represión "á hora de construir as identidaes, corpos, desexos, relacións e vidas que soñamos".

"O sindicalismo de clase é preciso, os sindicatos como ferramentas son precisas pero urxe revisar as lóxicas e dinámicas patriarcais que se reproducen a cotío dentro das organizacións" apuntan. Nese sentido tamén queren denunciar a invisibilización e o non recoñecemento do traballo reprodutivo "e as persoas que se atopan nos lugares feminizados da sociedade e sen o cal todo viría abaixo". "Nós somos a imaxe da precariedade tanto do traballo recoñecido, como no tantas veces negado, o que ten lugar fóra das casas e o que se fai dentro delas".

Non faltaron mencións ás últimas accións xudiciais en canto a violencia machista. "Por iso queremos levantar a voz e poñer os nosos corpos en loita permanente contra as violencias machistas e as estruturas de poder" e remarcan "cada vez que a xustiza falle serán a autodefensa, a acción directa e a loita nas rúas as vías para conquistar condicións e espazos de libertade e seguridade para todas".

Temas: FEMINISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Oraculo

Non veredes a unha feminista defendendo á rapaza da Coruña atacada por dous rumanos.

1 De Delfos

Ti contra os ataques machistas só se son perpetrados por rumanos. Os demais danche igual ou estas de acordo eh machote

2 Oraculo

¿Ves? prefires atacarme a solidarizarte ca rapaza da Coruña pra que non tes nin unha soa palabra de apoio. Para o feminismo de esquerda hai mulleres victimas de primeira e de segunda según o culpabel sexa nacional ou extranxeiro.

3 OQueRima

E ti prefires atacar as feministas do que solidarizarte coa rapaza. Nin unha palabra de apoio e condena deses animais. Para a ultradereita servidora do neoliberalismo que deixa entrar a todo quisque o primeiro é o seu odio contra os seus propias veciñas.