Nace Xornal de Vigo, o gran xornal dixital en galego do sur da provincia de Pontevedra

Galicia Confidencial colabora activamente neste novo proxecto xornalístico que quere converterse nunha referencia informativa en Vigo e en toda a súa área metropolitana.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/05/2018 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Xornal de Vigo é o primeiro gran xornal dixital en galego de Vigo e a súa área metropolitana. Centrado na principal urbe galega, tenta abordar a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todo o sur de Pontevedra. 

Miguel Núñez e Enrique Martínez, de Xornal de Vigo, xunto con Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial
Miguel Núñez e Enrique Martínez, de Xornal de Vigo, xunto con Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial

Prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio e tentará tamén dar voz aos pequenos concellos das comarcas do Val Miñor, Baixo Miño, O Morrazo, A Louriña e o Condado Paradanta.

Xornal de Vigo nace, ademais, asociado a GC, o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia. Ambos os dous contan cun acordo para intercambiar información, publicidade e aspectos técnicos.

Este novo medio informativo do sur da provincia de Pontevedra conta co xornalista Enrique Martínez na área de redacción e co fotoxornalista Miguel Núñez na área visual, mentres que o director do GC, Xurxo Salgado, os asesosará na área informativa. Por outra banda, o xornalista Alberto Quian encargarase de coordinar as redes sociais, e o soporte técnico será da empresa Xurimaru.

NOVA ETAPA NO MERCADO INFORMATIVO LOCAL E COMARCAL

Portada de www.xornal de Vigo
Portada de www.xornal de Vigo | Fonte: Xornal de Vigo

Con esta iniciativa, Galicia Confidencial inicia unha nova etapa dentro da información local e comarcal, cunha relación máis directa con medios locais, logo de ter tido acordos, ata agora, de contidos con Que Pasa na Costa e o portal Historia de Galicia, entre outros.

Tras case 15 anos tentando contar o que outros non contan, Galicia Confidencial consolídase xa como un referente no sistema mediático en Galicia. A auditora de sitios web Alexa, do Grupo Amazon, sitúa a Galicia Confidencial (GC) como un dos primeiros medios de Galicia e consolídase como líder da prensa en lingua galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Gamela

Quixera dicir algunha cousiñas logo dun verán atrás da pantalla: ogallá este proxecto en rede promovido dende GC teña o mellor futuro, pero existen algunha diferencias entre a matriz e os novos medios que deberan implementarse canto antes se queremos AVANZAR na liberdade de expresión e na pluralidade informativa! Botamos de menos no Xornal de Vigo un espazo aberto á publicación de nova coma é GCAberto !!! Outro aspecto a mellorar sería a moderación dos comentarios (que agora se dá tamén en GC) os comentarios que se dilatan no tempo ás veces quedan esquecidos pola aparición de outras novas que sustitúen ás anteriores... e iso non é bo para os lectores que siguen de perto estes medios independentes !!! Exemplo: no Xornal da Mariña os comentarios de lectores habituais (que rexistran o seu correo-e) son publicados inmediatamente sen demora! Polo demáis desexamoslle o mellor a tódolos medios que aposten por dar a coñecer a REALIDADE de Galicia ! Saúde !!!

6 Pasma Kintero

Vou ser un fiel seguidor de CORNÁN DE VIGO... Igual que de MALICIA COMENENCIAL. Viva¡¡¡¡

5 Pasma Kintero

Vou ser un fiel seguidor de CORNÁN DE VIGO... Igual que de MALICIA COMENENCIAL. Viva¡¡¡¡

4 QUAv

mmmmm ... a seguir na mesma liña do primeiro dia, mal vai a cousa

3 A verdade

Esperemos que traten as noticias coa mesma independencia que GC, sen sesgo ideolóxico e atendendo a todas as partes, coma GC.......