Temas: FRASEOLOXíA

En Galicia nin matamos o "gusanillo" nin o "verme", senón o "bicho"

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 09/05/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A voz bicho presenta en galego diferentes significados ou acepcións, coma por exemplo as catro que recolle o Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) e algunha máis que polo de agora non se reflicte nesta obra (así, e sen ir máis lonxe, non é raro escoitalo como sinónimo de cancro: —Home, o certo é que si que o vin un pouco mazmido. Pois pode ser, porque disque ten o bicho.).

Un tipo de planaria, unha especie de verme mariño
Un tipo de planaria, unha especie de verme mariño

Así mesmo, tamén forma parte de varias frases feitas para as que o castelán usa a voz gusanillo, tal e como imos ver nos dous encabezamentos que seguen:

1. Entrarle el gusanillo a alguien && Metérsele el gusanillo en el cuerpo

{= Entrarlle a alguén o desexo ou a arela de facer algo, ou ben collerlle moito gusto ou afección a algo.}

Entrarlle o bicho (no corpo)

Picarlle o bicho

Metérselle o bicho no corpo

Ex.: Fue a los cinco años cuando le entró el gusanillo del teatro.

Foi ós cinco anos cando lle entrou (no corpo) o bicho do teatro cando lle picou o bicho do teatro cando se lle meteu no corpo o bicho do teatro.

● Tamén:

Entrarlle # Picarlle a arela

Ex.: Foi ós cinco anos cando lle entrou # picou a arela do teatro.

2. Matar el gusanillo

{= 1. Satisfacer algunha necesidade, arela, desexo ou curiosidade. 2. Satisfacer momentaneamente a fame. 3. Tomar unha copiña de augardente pola mañá, antes de almorzar.}

Matar o bicho

[E MAIS TAMÉN, PARA A PRIMEIRA ACEPCIÓN]:

Matar a fada

● E mesmo tamén:

Matar a sapa

Ex. (acepc. 1): Ahora que ha colgado las botas profesionalmente, los sábados va a matar el gusanillo echando una pachanga con los amigotes.

Agora que colgou as botas profesionalmente, vai os sábados matar o bichomatar a fadamatar a sapa botando unha changa cos amigachos.

Ex. (acepc. 2): Está en la cocina matando el gusanillo con un par de galletas.

Está na cociña a matar o bichoa matar a sapa cun par de galletas.

Ex. (acepc. 3): En aquellos tiempos, antes de dirigirnos a picar piedra, parábamos en la taberna a matar el gusanillo.

Naqueles tempos, antes de irmos picar pedra, parabamos na taberna a matar o bicho a matar a sapaa quitar o rasquizoa correr da gorxa os arangaños.

● Tamén, en contextos, para a primeira acepción:

Matar a arela && Matar o(s) desexo(s)

Ex.: Agora que colgou as botas profesionalmente, vai os sábados matar a arelamatar o(s) desexo(s) botando unha changa cos amigachos.

● Tamén, para a segunda acepción:

Matar a fame && Matar a larica

Ex.: Está na cociña a matar a famea matar a larica cun par de galletas.

● Tamén, en contextos, para a terceira acepción, e se cadra asociadas a contextos de uso máis familiares e coloquiais:

Matar # Quitar o rasquizo && Correr da gorxa os arangaños && Desorballar && [E MESMO TAMÉN, SOBRE TODO CANDO SE ACOMPAÑA CUNHA CANTIDADE MIÚDA DE COMIDA, COMA UN ANACO DE PAN OU SEMELLANTE]: Tomar a parva

Ex.: Naqueles tempos, antes de irmos picar pedra, parabamos na taberna a quitar o rasquizoa correr da gorxa os arangañosa desorballar.

NOTAS:

1. En relación co encabezamento marcado co número 1, non está de máis lembrar que a voz gusanillo pode aparecer en moitos outros contextos con verbos diferentes a entrar ou meter. Ex.:

Le picó el gusanillo del toreo.

Picoulle o bicho do toureo.

Tenía el gusanillo de ir a entrenar todos los días.

Tiña o bicho de ir adestrar todos os días.

2. Dado que certo vocabulario que aparece nas expresións reflectidas pode ser descoñecido ou dubidoso para máis dun lector, plásmase a seguir a súa explicación ou definición (no caso de que a definición estea literalmente tirada do Dicionario da Real Academia Galega en liña, así o indicamos):

Arela: Desexo moi grande ou intenso que se ten dunha cousa ou por unha cousa. Sinóns.: degoiro, degoro, degoxo, devezo, afán, anhelo, ansia.

Sapas: Vexigas que, entre a outros animais, lles saen ás vacas na boca.

Nalgúns lugares existía a crenza de que se debían a que eses animais se degoaban por unha comida que estaban a ver e que non podían acadar. Daquela, matar a(s) sapa(s) non deixa de ser matar (e, xa que logo, satisfacer) o desexo ou degoiro de algo.

Rasquizo (DRAG): Sensación de aspereza e proído que se sente na gorxa cando se está arrefriado e que produce rouquén e tose. Sinón.: carraspeira.

Arangaños: así, na súa forma de plural, presenta, entre outros, o significado de “mucosidades procedentes das vías respiratorias” (sinón.: flegmas), que probablemente sexa o que atopamos na expresión correr da gorxa os arangaños.

Desorballar: en lei dereita, tal e como se recolle no DRAG, é “sacudirlle o orballo a unha planta”. Non obstante, Noriega Varela recólleo tamén co significado metafórico de “Beber aguardiente por la mañana en ayunas”, axeitado ó segundo dos encabezamentos.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Acevedo y Huelves, Bernardo & Fernández y Fernández, Marcelino: Vocabulario del bable de occidente, 1932. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán, de entre 1928 e 1931. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

- Couceiro, Xosé: “Expresións populares da nosa comarca”. En Cotaredo, Revista cultural e turística do Concello de Forcarei, VIII, 2005, páxs. 17-47.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. Edición en liña.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MNG

Eu sempre usei e oín na miña contorna "tapar o burato" para satisfacer a fame, non matanos ningún bicho.