Macrooperación contra o furtivismo na Coruña

Investigadas 29 persoas na operación 'Vandabal' e comisados 200 quilos de percebe e un vehículo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2018 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

operación 'Vandabal', levada a cabo pola Policía Autónomica, concluíu coa investigación --e detención nalgúns casos-- de 29 persoas acusadas de presuntos delitos de furtivismo e receptación de marisco ilegal. Este dispositivo levouse a cabo no poboado coruñés do Portiño, na costa próxima e na lonxa da Coruña coa colaboración do servizo de Gardacostas da Xunta.

Percebe incautado en operación contra o furtivismo
Percebe incautado en operación contra o furtivismo | Fonte: Europa Press

Así, comisáronse 200 quilos de percebe extraídos ilegalmente e un vehículo utilizado para o seu transporte, nunha investigación que comezou en agosto de 2017 e terminou o pasado mes de abril.

O operativo arrincou ao detectar membros do grupo Erpol da Policía Autonómica de Santiago a un grupo de persoas que extraía percebe na illa de Vandabal, "chegando case a esquilmar o produto", segundo apunta a Xunta nun comunicado.

Estas persoas carecían de licenza para a actividade marisqueira, non respectaban as zonas vedadas nin o tamaño do marisco nin as cantidades máximas diarias.

Posteriormente, o produto púñase a disposición dos consumidores a través da venda a particulares, quen mesmo chegaban en ocasións a revender o produto a establecementos hostaleiros da cidade. Tamén se transportaba o marisco até a lonxa, onde se lograba introducir de forma ilícita no circuíto de venda legal. Xulgados da Coruña tramitan dilixencias por estes feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta