Siro López, debuxante humorista: "Hoxe a situación podería inspirar dez viñetas ao día moi profundas"

"A arte de Castelao en Europa" é o título do libro que Siro, o debuxante e humorista, vén de realizar sobre a obra do autor rianxeiro e as influencias doutros artistas sobre ela.

Por Moncho Mariño | Santiago | 03/05/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Cal era a idea que había detrás deste libro?
O libro consta  de tres partes.  Na primeira   falo da viaxe que fixo Castelao por Europa en 1921. Concretamente sobre o diario persoal que levou durante a viaxe.  Ese diario  non o escribiu para publicarse,  era privado. O diario demostra que Castelao non entende  as vangardas,  non entende a Picasso ou Matisse, é máis,  por  momentos parece que se enfada.  Iso deu lugar a que cando Galaxia publicou o diario,  houbese  quen criticara  a Castelao. Na primeira parte intento explicar porque a Castelao non lle gustaron as vangardas. No segundo apartado explico como Castelao se fai humorista literato. Fundamentalmente faino a través do humor popular que vai  enriquecendo con lecturas. O terceiro apartado é o máis novidoso. Trata de explicar como un rapaz de Rianxo pode chegar a estar na vangarda do humor  e da caricatura en Europa.

Siro López nunha homenaxe da Deputación da Coruña
Siro López nunha homenaxe da Deputación da Coruña


Fora de Galicia e de España foi recoñecido como debuxante?
Un dos debuxantes máis recoñecidos en España naquel tempo era Bagaría. Este era o debuxante de El Sol,  e dicía de Castelao  que era un número un  dos debuxantes españois. O que fixo que levase a Castelao a publicar en El Sol. Pero castelao non se sentía cómodo porque non podía facer o  debuxo que el quería para aquí,  para Galicia. Porque aquí conseguira  que a súa sección “ Cousas da vida”  se convertese nun fórmula lingüística Dos paisanos,  que cando falaban do mal que ían as cousas da vida  dicían “ sonche  cousas da vida por Castelao”. O maior crítico de caricatura  en España era Jose Francés, quen dicía que Castelao era o máis europeo dos debuxantes españois. Por tanto,  si que foi recoñecido pero nunca traballou nun dos grandes xornais europeos,  por exemplo.

Castelao non entende as vangardas

Por que Castelao lle tiña esa aversión ás expresións vangardistas?
Porque el era puritano.  No libro explicou os motivos por los que se converteu  nun puritano. El mira  a arte vangardista cos ollos dun artista puritano. El ten  malos momentos en París,  entra nas igrexas a chorar. El  di  dun cadro  de Picasso  dunha  muller espida “ alí está o espido dunha muller con todos los pelos”. Iso  a el  parécelle inmoral. A súa actitude era totalmente moralista. O feito de que non traballara nun xornal de grande tirada internacional, fixo que non fose coñecido  por un autor cubano, Bernardo Gómez Barros, que escribira a formidable enciclopedia titulada  “La caricatura contemporánea”. Nesa enciclopedia non cita a Castelao porque non o coñece. Castelao sentiuse inxustamente marxinado.  Daquela,  Castelao da una conferencia no Círculo de Artesanos da Coruña. A conferencia titulábase “Humorismo, humor gráfico e caricatura”. Esta conferencia foi  estudada por Valeriano Bozal,  estudoso do grafismo de finais do seculo XIX  e comezos do XX.  Bozal di de Castelao que daquela era máis teórico que debuxante.

Por aquela conferencia?
Si porque era, segundo Bozal unha conferencia extraordinaria, pero hai unha parte desa conferencia  que está recollida do libro de Bernardo Gómez Barros. Pero Castelao non cita a Gómez Barros porque está enfadado con el. Castelao nunca pensou que esa conferencia sería publicada. Pero todo o que colle Castelao non está copiado ao pé da letra,  senón que está escrito aínda.

Dise que Castelao daquela era máis teórico que debuxante

Castelao recorría á copia?
Sempre que el recorría á copia  mellorábaa. El dicía “copiar a pouquiños case que non é copiar”. Cando castelao copiaba algo  realmente mellórao,  non fai plaxio. El cólleo  mellórao. Este libro tiña que facelo eu para explicar porque castelao fixo iso. Se  o descubrise un  antigaleguista  diría que é plaxio, por iso tiven que escribir este libro para explicar que non o é.

E  a terceira parte do libro que nos explica?
Algo espectacular  porque Castelao era un artista de extraordinario talento. Ese talento foi ben aproveitado pois escribiu unha novela sen ser novelista,  escribiu unha obra de teatro sen ser  dramaturgo escribe “Cousas” e “Retrincos” que son xoias da literatura universal. Pero el era un home cego  que aínda así  fixo  debuxos impresionistas. E só podía ver  por unha mínima parte da súa retina. Como cando fixo os debuxos de negros que estaba xa  case cego.

Fala sobre a súa formación como debuxante?
Si pero da súa formación como debuxante humorista, estudando a dous personaxes que ideolóxicamente non tiñan nada que ver con Castelao. Un francés chamado André Forain. Del aprendeu a sintetizar os pés das súas viñetas. Despois interesoulle  um noruegués chamado Olaf Gulbransson,  que era a estrela da revista Simplycisimuss. Este noruegués creou un novo estilo na caricatura no mundo. Non obstante,  cando el está xa consagrado,  vai ao pasado, á revista “L´Assiette au Beurre”. Compro todos os exemplares,  que lle deberon gustar moito,  e hoxe están no museo de Pontevedra. Mesmo o cartel para o estatuto de autonomía está inspirado nun debuxo desta revista francesa. Era unha viñeta moi mediocre, pero el mellorouna.

El era un home case cego cando fixo os debuxos de negros

Como caricaturizaría a actualidade en Galicia e en España?
Xa hai tempo que me retirei, pero hoxe en día as novas xeracións traen debuxantes moi bos. Xaquín Marín, O Carrabouxo ou Pepe Carreiro seguen a facer un excelente traballo e logo as novas figuras que aparecen están facendo un traballo marabilloso. A situación para ter inspiración?, pois creo que hoxe en España a situación é para inspirar dez ou doce viñetas moi profudas cada día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta