Temas: CCOO FOLGA XUSTIZA

CC.OO. abandona a folga na Xustiza e confórmase coa oferta da Xunta

O sindicato ratifica que os seus afiliados se reincorporarán aos seus postos e avoga por reconducir o diálogo en mesa de negociación.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/05/2018 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

CC.OO. ratificou este venres que dá por finalizada unha etapa no conflito da Xustiza e que acordou coa súa afiliación a reincorporación á actividade, á vez que confirmou que "deixa de formar parte do comité de folga". Así o anunciaron o secretario xeral de CC.OO. Galicia, Ramón Sarmiento, e o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía (FSC-CC.OO.), José Manuel Ramos, xunto a Tino Novoa e Raquel Estévez, representantes do sindicato no sector.

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia
Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia

A partir de agora, avanzaron que os esforzos de CC.OO. estarán centrados en "recompor a unidade dos traballadores", algo que, baixo o seu punto de vista, "só se conseguirá coa volta ao traballo diario".

Por iso, avogan por reconducir a situación nunha mesa de negociación. Para CC.OO., a folga "conseguiu o seu obxectivo", que era mellorar "de forma substancial" as condicións de traballo do persoal da Xustiza de Galicia.

"Isto traduciuse no conxunto de melloras laborais reflectidas na última proposta que a Xunta trasladou ás organizacións sindicais o pasado 26 se abril", subliña CC.OO., a cuxo xuízo "a presión da folga axudou a que o Goberno galego variase a súa posición inicial".

NON VE NECESARIO MANTER OS PAROS

Por esta razón, non ve necesario manter os paros, senón crear un espazo de encontro para que as melloras propostas poidan iniciar a súa aplicación, desenvolvemento e concreción.

Neste sentido, os portavoces de CC.OO. insistiron en que remitirse a unha mesa de negociación é a "vía adecuada" para "reconducir e pechar o conflito", tomando como referencia "a última proposta da Administración, onde se manteñen pequenas diferenzas pendentes de desenvolvemento".

PACTO POLA XUSTIZA

O secretario xeral de CC.OO. sinalou que, para o sindicato, a problemática deste ámbito vai máis aló das reivindicacións laborais.

Por esta razón, plantexa que, tan axiña como se peche o conflito na vertente laboral, se constitúa unha mesa de concertación co conxunto de axentes sociais para levar a cabo un pacto pola xustiza en Galicia.

Neste foro, abordaranse cuestións de modernización, dotación de máis medios e reivindicación de procedementos, reforzo de xulgados ou formación específica en materias como violencia machista.

Temas: CCOO FOLGA XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Tucho

ESQUIROLES ¡¡¡

1 Xan Fernández

Oe liberado. É verdade que mentres algúns pringaos facían folga vos seguiades cobrando do sindicato?

3 Guido

Valeiras, ponte a traballar...

2 San Pan

Vaia "novedá". O raro é que non i fixeran antes.

1 nacionalista galego

non e un sindicato, CO.CO $$$$ son axentes da marea do comunismo IU (ilusionistas-unidos) o seu comunismo e a vergonza de expaña, están vendidos o pepeiro, expañolentos ahí esta o vermen noxento do comunisto-barcelones aplausando os porrazos e palastrazos da polizonteria ahí esta indo os mitins do chupadanos xunto coas hordas fascistas, aquí están os aliados do -Vieiras (seica incluso pederastias de iolanda procesions ferrolita)

1 O que queda do BNG

Gonzalo, tómate a pastilla, anda.

2 Tomateelboteentero

Ahhhhhhh me quedo claro