Galicia e Oaxaca queren estimular o investimento conxunto en sectores como pesca ou turismo

Feijóo finaliza a súa viaxe a México, no que tamén se reuniu con Peña Nieto, co encontro co gobernador do Estado de Oaxaca.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/05/2018 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o gobernador constitucional do Estado de Oaxaca, Alejandro Murat Hinojosa, avogaron por aproveitar sinerxías que estimulen o investimento conxunto en sectores como a pesca, as renovables, o forestal ou o turismo.

Feijóo reúnese co gobernador do Estado de Oaxaca
Feijóo reúnese co gobernador do Estado de Oaxaca | Fonte: Europa Press

"Estamos a falar dun estado cunha gran superficie forestal, con máis de 600 quilómetros de costa cara ao Pacífico. Moi interesante desde o punto de vista turístico e é que, ademais, é unha potencia eólica singular, onde traballan moitas empresas españolas. Por tanto, avaliamos as distintas posibilidades de traballo conxunto", explicou Feijóo.

Nesta liña, ambos mandatarios abordaron as oportunidades de Salina Cruz, un lugar portuario que conta coa declaración de Zona Económica Especial (ZEE), con beneficios fiscais e administrativos para atraer investimentos, así como o liderado de Galicia no ámbito portuario e pesqueiro.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, cunha superficie arboredo de máis de 6 millóns de hectáreas, Feijóo e Alejandro Murat analizaron tamén as posibilidades á hora de desenvolver plans para dar valor engadido á industria da madeira.

Ademais das pontes económicas, tamén apostaron por potenciar as relacións nos ámbitos universitario e cultural, aproveitando a traxectoria e o traballo do reitor do Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca, Modesto Seara. Por último, o responsable do Executivo autonómico trasladou, unha vez máis, a solidariedade de todos os galegos despois dos terremotos que afectaron a este Estado fai oito meses.

BALANCE DA SÚA VIAXE

Con esta reunión, Feijóo finalizou a súa visita oficial a México. Unha viaxe no que as empresas do sector agroalimentario (vitivinícola, conserva, cárnico ou lácteo) que formaban parte da misión comercial puideron "fortalecer e consolidar" a súa presenza no mercado mexicano após a celebración do Encontro Gastronómico con Galicia, celebrado en Cidade de México.

Tamén participaron nesta misión comercial firmas de diferentes sectores como automoción, maquinaria industrial ou naval, entre outros. "Tiveron, en definitiva, a ocasión de contactar con distintas canles de distribución, cadeas de gourmet ou con chefs da cociña mexicana, e de trasladar o interese por un mercado de 130 millóns de consumidores como é México", congratulouse o presidente galego.

No plano institucional, destacou o encontro mantido co presidente de México, Enrique Peña Nieto, a quen transmitiu o agradecemento do seu Executivo "pola relación de confianza e de cordialidade" durante o seis anos nos que este ocupou a Presidencia do país azteca.

Completaron a axenda de Feijóo outros encontros con autoridades do País e coa colectividade galega, ao celebrar o 1 de maio con máis de 4.500 galegos o Día de Galicia en México. Nesta cita, transmitiulles "o orgullo" que sente a comunidade "polos 15.000 galegos mexicanos, polos proxectos vitais que construíron e por contribuír á mellora do país que os acolleu".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 stop fumeta herba porreira

teño muito medo polo pasado, do que se veu no iate do narcotráfico (galiña-escola), en mexico (universidade do delito con master estilo "a chouriza de mandriles") a cousa e de moito narcotráfico, acabo de ver un documento que meto neste comentario no yutube, dicen que as películas son mentira una ilusión de movemento de 20 fotografías por segundo e eu pensó que aquí poden ser 17 alternadas con caveiras, iates con cremitas e botafumeiros, dicen que na película JFK o director metia intercaladas imaxes con caveiras... teño medo venezuelas esta moi mal... e pode ser que sexa o que traía o gobernó non vai ser COCO sinon o COMANDANTE ANTRAX

1 peposun

Vai a Irlanda ou a UK facer negocios e mirar polos barcos galegos. Que se che perdeu no medio dos indios en Oaxaca? Vaia presidente temos que sufrir, do malo o peor. Un narcoestado sen lei con un índice de asesinatos dos máis altos do mundo e con unha corrupción galopante. Aínda non pagaron os floteis e a un que xa non queren andan buscándolle comprador. Que negocios "normais" podes facer con estes?