Escotet nega que se "estatalice" Banesco e os seus traballadores recíbeno ao berro de "valente"

Alfonso Rueda insiste na "fortaleza" e a "saúde" de Abanca e a desvincula da situación de Banesco en Venezuela.

Por Galicia Confidencial | Caracas | 05/05/2018 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

"La Intervención Administrativa de Banesco tendrá una duración de 90 días. No es un proceso de estatización, por lo tanto, los accionistas de Banesco mantenemos la propiedad del banco", aseguraba na súa conta de Tuiter Juan Carlos Escotet, presidente desta entidade que acaba de ser intervida polas autoridades de Venezuela.

Unha situación que provocou que deixara a presidencia de Abanca temporalmente para solventar este coflicto. "No se trata de una cuestión económica, es cuestión de amor por el país y arraigo y agradecimiento a esta tierra. Estén seguros de que daré la batalla hasta el final", engadía noutro chío.

Escotet chegou este venres a Caracas onde foi recibido ao berro de "valente, valente" polos seus traballadores tal e como recolle un vídeo difundido pola xornalista María Alesia Eslamiada, de Univisión. Nunha longa carta dirixida a eles e aos clientes transmitiulle "ánimo" e pediulles que sigan en Banesco e que "non caian na tentación de cambiar" de entidade financeira, nun dos países con máis emigración galega de Latinoamérica.

RUEDA FALA DE "FORTALEZA" DE ABANCA

Por outra banda, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, enviou unha mensaxe tranquilizadora e reafirmouse na "fortaleza" e a "saúde" do negocio bancario de Abanca, desvinculando a súa situación da de Banesco, o principal banco de Venezuela e propiedade de Juan Carlos Escotet, tamén máximo accionista de Abanca.

En resposta aos medios de comunicación tras participar nun acto en Ourense, Rueda remarcou que Abanca é un "banco que ten ficha bancaria europea, española, e que, por tanto, nada ten que ver, afortunadamente, co negocio bancario en Venezuela".

Neste sentido, insistiu en que a intervención de Banesco, o maior banco privado de Venezuela, por parte das autoridades da República Bolivariana, trátase da acción do "goberno venezolano fronte a un banco venezolano".

MELLOR RESULTADO

Rueda deixou claro que "o goberno galego deséxalle o mellor resultado posible nas xestións que está a facer" Escotet, desexándolle "que poida solucionar esa situación", que lle levou a abandonar temporalmente as súas funcións como presidente non executivo de Abanca, pero remarcando que é unha situación diferente á galega.

"Reafirmarnos, e como é perfectamente entendible, xa que son situacións completamente diferentes, sobre a saúde do negocio bancario aquí en Galicia, a saúde de Abanca e a súa fortaleza, dun banco que ten ficha bancaria europea, española, e que por tanto nada ten que ver, afortunadamente, con respecto ao negocio bancario en Venezuela", remarcou Rueda.

Juan Carlos Escotet, vicepresidente de Abanca
Juan Carlos Escotet, vicepresidente de Abanca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

mentres os pailáns de En Marea (co seu xuíz á fronte!) metendo medo aos aforradores galegos ? Vivimos tempos de miseria... http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Adeus Frijol

Isto e o que pasa cando rescatas a banca cos aforros de todos os galegos e lla regalas a narco mafia de estrema dereita venezolana para financiar o terrorismo das garimbas, querido analfabeto político.