UXT coincide con PP e Xunta en que a folga non é a vía para solventar o conflito da Xustiza

O seu secretario xeral critica que os traballadores "non votaran en liberdedade" e non ve motivos agora para unha folga xeral porque suporía "un custo" para cidadáns e traballadores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2018 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral de UXT-Galicia, José Antonio Gómez, referiuse ao conflito na administración galega de Xustiza, que este luns cumprirá tres meses de folga xa sen unidade sindical desde fai máis dunha semana. Para o líder de UXT-Galicia, un dos sindicatos que aceptou a proposta da Xunta que foi rexeitada en votación polos funcionarios, a folga xa non é "a canle" para lograr unha solución ao conflito.

José Antonio Gómez
José Antonio Gómez | Fonte: Europa Press

"Este conflito da xustiza ten outras vías para resolverse, que son as mesas sectoriais da administración", indicou, para logo censurar que os funcionarios "non puidesen votar con liberdade" o día en que se rexeitou o preacordo co Goberno galego que, segundo Gómez, recollía "melloras substanciais en todas as demandas".

"É grave que en democracia se insulte e se trate de amedrentar aos traballadores para que non vaian votar", asegurou, logo de acusar as centrais sindicais que non apoiaban o acordo (Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ) de "boicotear o referendo". A continuación, avanzou que UXT acudirá a "calquera convocatoria" que se realice desde a Xunta "para tratar de que este conflito termine porque está a causar un grave prexuízo aos traballadores e á cidadanía".

FOLGA XERAL

Por outra banda, riterou que o sindicato que dirixe non apoiaría unha folga xeral convocada unicamente en Galicia porque cre que "non daría resultado" e que os seus "efectos" suporían "un custo" para cidadáns e traballadores.

Así se pronunciou Gómez nunha entrevista en RNE este domingo recollida por Europa Press, na que volveu a desmarcarse da convocatoria de folga xeral en Galicia promovida pola CIG para o vindeiro martes 19 de xuño. "Para problemas globais hai que expor solucións globais", respondeu o líder de UXT-Galicia á pregunta de por que tanto o seu sindicato como CC.OO. non apoian o chamamento da central nacionalista.

Nesta liña, cre que "mellorar as condicións de traballo e de vida das persoas" non pode conseguirse desde "un ámbito territorial" que "depende do conxunto do Estado". "Non vemos a día de hoxe unha folga xeral só no ámbito de Galicia porque non daría resultado e sería un custo a maiores para os cidadáns e os traballadores", incidiu.

Así, apuntou que a aposta do seu sindicato é que o pasado Primeiro de Maio supoña un "punto de inflexión nas mobilizacións" para "facer un último chamamento de diálogo" á patronal e que, deste xeito, a CEOE se abra a retomar as negociacións colectivas que, segundo Gómez, "deron bo resultado noutros tempos".

Así mesmo, vaticinou "un repunte" na conflitividade laboral porque, á súa entender, "a xente dáse conta" de que a recuperación económica non se está trasladando ás condicións de vida. En canto á situación da patronal galega, Gómez opina que a CEG debe solucionar "canto antes" os seus problemas internos e nomear unha directiva "coa que se poida acordar". "Necesitamos unha patronal en Galicia forte", apostilou.

PENSIÓNS

Noutra orde de cousas, José Antonio Gómez tachou de "parche" con "fins electoralistas" o acordo alcanzado polo PP con PNV para a subida das pensións os próximos dous anos e atrasar a aplicación do factor de sustentabilidade coa condición de que os nacionalistas vascos apoien a aprobación dos PGE no Congreso dos Deputados.

Así, considera que esta medida "non soluciona o problema de fondo das pensións", xa que para iso é preciso que o Goberno "derrogue a reforma que fixo de forma unilateral o PP en 2011" e retorne á do 2011, aprobada cos socialistas en Moncloa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Minhamamainhadoceo

Vaia fenómenos, estes da UGT! Supéranse cada día máis.

2 Surinam

Claro que non amiguetes. Para solucionar o conflito hai que poñer o cú, engraxalo ben con vaselina e que cho finquen dentro ata os topes.

1 Estupefacto

Bueno, bueno, buenooooo.... Pero UXT non era un sindicato? Igual estou confunfido...