Novas protestas no Hostal dos Reis Católicos para pedir melloras laborais e a fin da discriminación salarial

Os trabalaldores concéntranse este luns para reclamar a presidenta de Paradores un convenio digno e recuperar os dereitos perdidos co ERE, que supuxo o despido de 13 persoas. Tamén denuncian que as camareiras de piso cobran menos que os seus compañeiros de restaurante.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/05/2018 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO, concéntranse este luns na Cidade da Cultura para reclamarlle á presidenta de Paradores de Turismo, Angeles Alarcó –de visita en Santiago--, unha negociación real e a firma dun convenio digno xa que o actual leva oito anos caducado.

Os traballadores do Hostal dos Reis Católicos denuncian a súa situación laboral
Os traballadores do Hostal dos Reis Católicos denuncian a súa situación laboral | Fonte: fecoht

O Comité do parador compostelán leva anos reivindicando a necesidade de que se recuperen as condicións e dereitos que tiñan os traballadores antes do ERE, no que se despediron a 13 persoas. Ademais,  lembra que ese ERE foi innecesario xa que o Hostal é o parador da rede estatal que máis beneficios aporta. Por iso, insiste en que se restablezan de xeito inmediato as condicións económicas e sociais como son a actualización salarial ou os días de asuntos propios.

“Para o Comité de Empresa, a negativa de Paradores de Turismo a negociar supón que se manteñan ano tras ano os acordos dun más que discutible ERE co que se sufríu, ademais de despidos, reducións de xornadas laborais, especialmente no departamento de camareiras de piso, o máis castigado pola regulación de emprego xa que se externalizou o servizo que estas desempeñaban”, apunta nun comunicado. 

FENDA SALARIAL

Tamén denuncian a fenda salarial das camareiras de piso, que cobran menos que os seus compañeiros camareiros de restaurante xa que, inxustamente, teñen una categoría inferior. Así mesmo, esixen que se termine coas desigualdades entre traballadores da mesma categoría e nivel profesional e que se iguale a prima de producción co resto de empregados da rede de Paradores xa que cobran a metade aínda que, insisten, o de Santiago é o parador que máis beneficios xera.

Protestas dos traballadores do Hostal dos Reis Católicos
Protestas dos traballadores do Hostal dos Reis Católicos | Fonte: fecoht

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta