Lugo, centro da robótica e da impresión 3D

O ArduinoDay reunirá o vindeiro 12 aos principais deseñadores de produtos tecnolóxicos da provincia.

Por GC Emprende | Lugo | 08/05/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Arduino é unha plataforma de hardware libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un entorno de desenvolvemento, deseñada para facer fácil e barato, a principiantes e non especialistas, a creación de proxectos interactivos que integren sensores e actuadores electrónicos.

Arduino, tecnoloxía de software libre
Arduino, tecnoloxía de software libre

O arduino naceu no ano 2003, no Instituto de Deseño Interactivo na cidade italiana de Ivrea, como ferramenta para estudantes principalmente artísticos. Na última década, estendeu o seu obxectivo orixinal, converténdose nun dinamizador da industria global da electrónica e do movemento maker (baseado na colaboración e libre acceso á tecnoloxía). 

E para impulsar o mundo do hardware libre articulouse o ArduinoDay, que terá lugar o vindeiro 12 de maio no CEI-Nodus. Esta xuntanza, que se celebra por quinto ano consecutivo co apoio do Concello de Lugo, expón diversas iniciativas relacionadas con esta plataforma, ademais de, competicións de robots e talleres educativos para as persoas interesadas en profundizar máis no mundo da tecnoloxía. 

Poderá visitarse en horario de 10:30 á 13:30 horas e de 16:30 á 19:00 horas e contará coa presenza e as iniciativas de makers que ofrecerán aos visitantes unha gran variedade de proxectos para que poidan coñecer en profundidade: impresión 3D, robótica auditiva e electrónica ou CNC, entre outros

Ademais as persoas interesadas en mostrar o seu traballo, ideas ou aparatos baseados no arduino, participar en competicións de robots sigueliñas ou minisumo ou en talleres educativos poden apuntarse no seguinte enlace www.makerslugo.org 

Temas: LUGO ROBóTICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta