Temas: TURISMO

Galicia perde catro bandeiras azuis en praias e queda con 109 en 2018

Recibe 15 para portos deportivos, tres menos que o ano pasado; pero é a primeira con 23 distincións para carreiros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/05/2018 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) concedeu 109 bandeiras azuis en praias galegas para 2018, catro menos das que tivo a comunidade en 2017, cando xa perdera 10. Con todo, segue ocupando o segundo posto no número total de areais que contan con bandeira azul, segundo destaca a Xunta nun comunicado.

Bandeira azul
Bandeira azul | Fonte: Europa Press

Ademais, o Goberno galego, a través da Consellería de Medio Ambiente, resalta que a comunidade acapara "case un 25% das 590 bandeiras azuis", seguida no ranking por Cataluña, que ten 123. Nesta nova edición, o Sanxenxo (Pontevedra) volve repetir posición como concello galege do conxunto estatal con máis bandeiras azuis, con 13.

Na Coruña, as novidades deste ano son Mañons, en Boiro; Razo, en Carballo; e Oza, na Coruña. En Lugo, O Portelo, en Burela; e Areoura, en Foz; e en Pontevedra, Santa Marta, en Baiona; e Areas e Caneliñas, en Sanxenxo.

Contando praias e portos deportivos (15, tres menos que o pasado ano), son 124 as bandeiras azuis con que contará Galicia. Reciben esta distinción en Pontevedra Monte Real Club de Yates de Baiona, o porto de Moaña, o de Cangas do Morrazo, o Juan Carlos I (Sanxenxo), o de Portonovo (Sanxenxo), porto Pedras Negras-C.N. San Vicente do Mar (O Grove).

Na Coruña, correspóndelles tamén bandeira azul ao C.N. Boiro-Mariña Cabo de Cruz, porto de Muxía, R.C.N. Portosín (Porto do Son), C.N. de Camariñas, R.C.N. A Coruña-Mariña Real, C.N. Sada e C.N. Ría de Ares. Por último, en Pontevedra, percíbea Mariña Viveiro P.D. Ribadeo.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a adecuada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e as dársenas.

CARREIROS E CONCELLOS

A maiores, a comunidade galega álzase coa primeira posición en canto a carreiros azuis, xa que suma 23 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul. Por último, a Xunta felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Boiro, Muros, A Laracha, Camariñas, Burela e Cervo, polo seu recoñecemento como centros azuis.

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta