Temas: ANOVA ACOSO

Anova investiga unha denuncia de abusos sexuais en redes sociais contra un ex militante

A persoa investigada non é agora militante e estaba vinculado a Xeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A Comisión Permanente de Anova --o equivalente a unha executiva dun partido tradicional-- puxo en marcha unha comisión para "aclarar" unha denuncia de abusos sexuais contra un militante da formación nacionalista, B.B., a través das redes sociais.

Plenario de Anova na súa terceira asemblea
Plenario de Anova na súa terceira asemblea

A dirección da formación nacionalista tivo coñecemento da denuncia no marco da campaña en Twitter baixo a etiqueta #cuentalo e que tiña como obxectivo denunciar as situacións de abusos e violación por mor da sentenza xudicial a 'La Manada'.

Nese contexto, segundo explicaron a Europa Press fontes da formación nacionalista, Anova coñeceu a denuncia contra un dos militantes, tamén vinculado co colectivo xuvenil Xeira, e puxo en marcha a constitución dunha comisión que elaborará un expediente informativo "co obxectivo de aclarar a situación e propor medidas ante as graves acusacións que saíron publicamente contra un militante".

As mesmas fontes indicaron que internamente a formación non recibiu ningunha denuncia sobre esta persona e que, por tanto, decidiuse actuar por mor das mensaxes en redes sociais.

RENUNCIA ÁS SÚAS RESPONSABILIDADES

Desde o 1 de maio, tamén informou Anova nun comunicado publicado en Facebook, B.B. decidiu "apartarse das súas responsabilidades e da militancia", unha renuncia que foi "aceptada nese momento" pola dirección de Anova, da que formaba parte.

A organización que lidera Antón Sánchez indicou que durante todo o tempo que dure a instrución do expediente até o ditame final a comisión informará o seu traballo á Coordinadora Nacional --máximo órgano de decisión entre asembleas--, que terá que "ratificar as súas conclusións".

Temas: ANOVA ACOSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 que mágoa de artigo 2

Desde Xeira falan de instrumentalización política e intereses ocultos cando é unha rapaza ex militante alzando a voz sobre algo tan grave como unha agresión sexual, á que non se lle deu resposta. Non só non se procedeu no momento como era debido, senón que Borrajo continuou ocupando postos de responsabilidade a sabendas desta situación. É tremenda a pasividade e a inoperancia (que eles negan) ante algo así. A verdade é que me decepciona que amosedes un relato tan estéril e sesgado.

5 que mágoa de artigo

Aquí falta unha voz: a da rapaza que fai a acusación. Comentades o procedemento que abre Xeira pero non comentades que a rapaza deixou a súa militancia hai meses despois de informar sobre este tema ao Comité Central e de pedir unha conferencia nacional para tratar o tema do machismo na organización sen obter resposta. Limitar esta acusación ao discurso baldío sobre os "procesos aclaratorios" é negar unha realidade asoballante: o feito de que o machismo e a misoxinia son pan de cada día en moitas, moitas organizacións políticas que deberían de ser un espazo seguro para as mulleres.

4 orchapan sexual do AGE

E o fermento da descomposición, a caída no inferno do -Vieirismo, tras a denuncia do caso pederastia do grupo AGE da comunista o señorito cunha remuneración de 3.700 euros era o beneficiado "iolanda procesións" tiñan nos ordenadores do parlamento galego 17 mil arquivos de pedofilia, e agora xa son 2 con iste novo caso de sexualismo de bestialismo pornógrafo do grupo cheira o grupo da violencia de kunfu-panda, pegan palizas e labazadas a discrepantes, señores do podreiro ides pronto saber o que é democracia, pronto, pronto ides saber o que vale un pene. non son nacionalistas galegos, non digan barbaridades, están o servizo do comunismo do pce de expañol, miren a lidia chiripas a antivacinas, miren e digan si non e deputada de izquierda a unitaria e miren si no son deputados do podreiros os inútiles que teñen no parlamento de expañol... facian mais 2 do bloque que 6 do podreiros

3 Presidenta Ana

Entre este paxaro e o asesor de AGE que tiña pornografía infantil... menudo panorama. É tempo de que as cousas volvan ao rego, por iso fago un chamamento a toda a xente que foi enganada polos da Marea. Volvede ao único proxecto ilusionante, con militancia comprometida e cunha líder chamada a dirixir a Galiza do futuro. Volvede ao BNG. Adiante presidenta Ana!!

1 dedas

Volvede ao bipartido!! eso eran enchufes

2 O que queda do BNG

A que BNG? Ao que ocultou á mantenta as violacións reiteradas do ex-alcalde de Pontecesures á súa sobriña? http://www.galiciaconfidencial.com/... Estes polo menos investigan a denuncia para esclarecer a veracidade dos feitos. Parece que o único vos importa é instrumentalizar a loita feminista e utilizar os abusos sexuais no voso propio beneficio e para atacar rivais políticos. Noxento.

3 Ein?

Na ligazón que pos non pon nada de que ocultase nada, a vítima é do BNG e di que foi respaldada pola súa organización. De onde sacas iso?

2 Comunista de la CEOE

Seguro que actúan coa mesma contundencia que se actuou contra Procesiones cando se coñeceu que purgara aos que denunciaran o caso seu asesor da pornografía pedófila