Sindicatos, escritores e partidos critican os cambios de programación cultural na Radio Galega

Xentes da política, da cultura, o sindicalismo e doutros sectores sociais, están emitindo comunicados onde mostran a súa disconformidade coa decisión de modificar a grella da Radio Galega a partir do mes de setembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/05/2018 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros da CRTVG nun comunicado achegado aos medios, denuncia o desman telamento dos medios públicos galegos, e anuncian medidas para revogar a decisión que se coñecía onte á noite polas redes sociais. “ O comité Intercentros da Corporación RTVG, que ontefoi informado pola dirección dalgúns dos cambios que haberá na programación da Radio
Galega para a temporada que vén, que arrancará o 10 de setembro, denuncia que a
dirección está a desmantelar o servizo público de comunicación audiovisual, encomendado
polo Parlamento de Galicia”.  Neste desmantelamento inclúen tanto a desaparición do programa Diario Cultural como a das desconexións informativas locais, feito tamén denunciado por forzas políticas.

Micros na Radio Galega
Micros na Radio Galega | Fonte: RG

Os grupos parlamentarios da oposición, PSdeG, En Marea e BNG manifestaron o seu desacordo coas modificacións anunciadas desde a Radio Galega. Así as cousas, os tres grupos piden a inmediata comparecencia de Alfonso Sánchez Izquierdo, director da CRTVG e así dar as explicacións oportunas no Parlamento de Galicia, sobre todo no relativo á supresión de desconexións locais informativas.


Desde o BNG, Olalla Rodil, manifestou o parecer do seu grupo diante da desaparición das desconexións locais: “é inadmisible a supresión das desconexións locais dos informativos radiofónicos que traerá unha maior centralización e control da información así como a perda das referencias horarias coas que durante anos contou a poboación para coñecer a actualidade de proximidade”.

Por outra banda, A Mesa pola Normalización Lingüística enviou tamén un comunicado onde expón que “rexeita a decisión da dirección da Radio Galega de suprimir o programa O Diario Cultural. A Mesa considera que é unha decisión errada prescindir dun programa que dá soporte, difusión e promoción á cultura e lingua galegas. O peche do Diario Cultural, un recoñecido programa, é un ataque directo á lingua galega e diminúe deste xeito a xa cativa programación sobre a nosa cultura e a nosa literatura”. Engaden tamén que “esta decisión supón un paso máis no proceso de desmantelamento de todo o que ten que ver coa cultura e lingua propias de Galiza. Desde a Mesa pola Normalización Lingüística denunciamos  tamén a desaparición de programas televisivos infantís en galego pola tarde na TVG 2”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta