O tren que te leva polas Letras Galegas

13 trens de media distancia e Avant levarán nos seus repousacabezas a imaxe institucional das Letras Galegas 2018, distribuiranse folletos biobibliográficos sobre María Victoria Moreno e dez estacións, ademais de trens, exhibirán os carteis do Concurso-Exposición Letras Galegas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/05/2018 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e Renfe Viajeros poñen en marcha por segundo ano a campaña Letras Galegas 2018 na que colaboran, no marco da programación institucional promovida pola Xunta de Galicia.

Renfe promociona nos seus trens o Día das Letras Galegas 2018
Renfe promociona nos seus trens o Día das Letras Galegas 2018 | Fonte: Xunta.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ovidio Rodeiro presentárona este mércores na estación de ferrocarril da Coruña, onde lle agradeceron aos representantes de Renfe “a colaboración para facer extensiva a celebración do 17 de maio ao sector desta importante rede de transportes, que favorecerá tamén a unión das persoas usuarias coa lingua galega para homenaxear a María Victoria Moreno e visibilizar o idioma”.

Incidiron ademais na importancia de “implicar tanto as entidades públicas empresariais como as privadas na dinamización do idioma desde as súas accións de responsabilidade e innovación social”.

Entre as accións deseñadas, loce a imaxe institucional das Letras Galegas 2018 da Xunta nos repousacabezas de 13 trens que realizan os servizos de media distancia e Avant, para visibilizar esta campaña e o 17 de maio; exhíbense os carteis que configuran os proxectos escolares gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos propios trens e tamén nas estacións das sete cidades, de Vilagarcía de Arousa e de Monforte de Lemos; e distribuiranse folletos biobibliográficos sobre María Victoria Moreno entre as persoas viaxeiras, para dar a coñecer a súa figura, vida e obra.

Trátase tamén da segunda vez na que Renfe pon en marcha na súa rede de transporte ferroviario unha acción vencellada á autora das Letras Galegas 2018. xa que, en 1993, Caixa Galicia e Renfe editaron 'O libro das saudades e os degoiros', no marco do certame V Tren Caixa Galicia-Ruta Rosalía, co que María Victoria quixo animar a mocidade a ler, a través do bibliotecario Zaratustra, que lle axuda a un mozo a coñecerse mellor a el mesmo por medio da lectura e dos libros, informa a Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta