Edu Soto chega a Vigo co seu novo espectáculo

'Más vale solo que ciento volando' poderase ver o día 17 no Teatro Afundación de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Composteka | 10/05/2018 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de Abanca, trae a Galicia o novo espectáculo do cómico Edu Soto, 'Más vale solo que ciento volando', que se poderá ver o vindeiro xoves 17 de maio, ás 20.30h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). 

'Más vale solo que ciento volando', espectáculo de Edu Soto.
'Más vale solo que ciento volando', espectáculo de Edu Soto.

Aproveitando que o deixaron só no escenario, Edu Soto dedicarase a facer o que lle dea a gana. Bailará unha coreografía de danza contemporánea, converterase nun bicho dos documentais de Félix Rodríguez de la Fuente, buscará se hai algún "imbécil" na sala, hipnotizará alguén e mesmo fará todo o posible para que lle dean un premio.

As entradas están dispoñibles no sitio web Ataquilla.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta