Temas: ZARA UGT

UXT denuncia contratos "fraudulentos" e despedimentos "rastreiros" en Zara

Detecta 60 casos de eventuais que cre que deberían ser indefinidos, 38 dos cales xa foron transformados e sete que están nos xulgados.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/05/2018 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Varias decenas de persoas secundaron este venres a concentración convocada por UXT fronte á tenda de Zara na céntrica praza de Galicia de Santiago para denunciar contratos "fraudulentos" na provincia da Coruña e despedimentos que o sindicato atribúe a unha actitude "rastreira" por parte da empresa. Respecto diso, o representante de UXT Álvaro Cajigal explicou que a central detectou uns 60 traballadores, case todas mulleres, cuxos contratos entende "fraudulentos".

Concentración convocada por UXT fronte a Zara
Concentración convocada por UXT fronte a Zara | Fonte: Europa Press

En 38 dos casos, de feito, apuntou que foron transformados de eventuais a indefinidos, após a actuación da inspección de traballo. O que ocorreu entón, segundo o relato de Cajigal, foi que "a empresa, dunha maneira rastreira, para non ter que facelas indefinidas", despediu a varias empregadas. "E non porque non haxa necesidade. Recoñecen que son traballadoras válidas e que necesitan xente, porque seguen contratando a xente nova, ocupando ese posto", afirmou.

Para eses supostos, UXT promove demandas nos xulgados, xa presentou sete, de cuxo resultado está pendente, xa que a inspección trasladoulles que "non tiña competencia para actuar con alguén que xa non está a traballar" e iso corresponde ao ámbito xudicial.

"TEÑEN QUE READMITILAS"

O sindicalista expuxo que "no primeiro acto de conciliación a empresa recoñece que son indefinidos e ofrécelles a indemnización por despedimento improcedente". Pero o que UXT pide é a readmisión, "porque esas traballadoras finalizaron o seu contrato a consecuencia de reclamar un dereito". "Ten que ser nulo ese despedimento e teñen que readmitilas", incidiu.

A contratación eventual, a xuízo deste portavoz sindical, "quérena a longo prazo porque primeiro  evitan que xeren antigüidade" os traballadores, e iso "afórranllo", pero tamén e "máis importante" polas implicacións a nivel dos calendarios.

A compañía ten "pactada" unha distribución para o cadro indefinido. No entanto, "coa contratación temporal móvoche como me dá a gana e póñoche onde me dá a gana", ilustrou Álvaro Cajigal, antes de engadir que tampouco ten "por que" darse vacacións a esta parte do cadro. "Iso é o que aproveitaba até agora a empresa", resolveu.

Temas: ZARA UGT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 SentidoNoPais

Boas de novo xa xa. Esquecíaseme: tributo íntegra e únicamente no Estado Español. Non teño seguros médicos privados nin acudo á sanidade privada (nin sequera existen consultorios médicos privados na miña vila). A miña base de cotización á S.S. é preto de 200euros inferior á dos meus traballadores. E tiven a posibilidade de deslocalizar parte da estrutura da miña empresa a Portugal con incentivos fiscais máis que interesantes e non o fixen POR GARDAR UN MÍNIMO DE ÉTICA E COMPROMISO EMPRESARIAL. Polo tanto, non acepto leccións de ninguén neste eido. Nin túas nin de Amancio Ortega. Grazas e saúdos

1 sempre roubando

tipical empresario español,explotan os asiaticos e sudamaricanos para facer a sua roupa e agora queren explotar as persoas que a venden,mentras en españa maniulan as informacions. https://www.losreplicantes.com/arti...

1 xa xa

Xa che gustaría ti ser un quinto de empresario de Ortega. Moito falades os asalariados ou peor, os mantidos, se tan farto estás dos empresarios monta unha empresa e dalle uns salarios da ostia aos teus empregados, todos os dereitos que pidan, traballa só de luns a venres 35 horas,... veremos canto duras. Eso sí, recorda que arriscas o teu patrimonio, que o luns cando veñan traballar xa tes que terlle traballo buscado para 3 ou 4 meses, que se rindan ou non tes que pagar a fin de mes salarios, SS, IRPF, amortizar a inversión, prevención de riscos, xestoría, IVE, gastos de representación, parte proporcional de vacións e pagas extras.... Ala, vaite poñendo.

2 SentidoNoPais

Boas tardes xa xa. Son empresario con catro traballadores indefinidos de máis de 6 anos de antigüidade todos eles ao meu cargo, os cales supoñen uns 2000-2500 euros de custo total mensual cada un deles. Eles traballan 40 horas semanais pero eu traballo 60 horas semanais. 800 € + IVE de aluguer de local todos os meses. Seguro de RC de 1200 euros anuais. 300 euros de luz mensuais. 50 euros de auga mensuais. 800 euros de taxas e impostos anuais. 4500 euros de outros fornecementos mensuais. Se fago coma o señor Amancio Ortega e deslocalizo a miña actividade a países subdesenrolados aforro un 70% de custes. E se efectúo contratos en fraude de lei coma os que formaliza Amancio Ortega aforro preto de 200€ mensuais por traballador ao aforrarme pluses de antigüidade. UNHA FORTUNA MULTIMILLONARIA SEMPRE SE LABRA SOBRE O ABUSO. SEMPRE.