Por X.M. Fernández | Melide | 12/05/2018 | Actualizada ás 10:00
Esta celebración naceu no ano 1991 e foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no 2013. Vinte e sete anos despois xa é un evento gastronómico consolidado na nosa comunidade que conta cada ano con máis visitantes e con personalidades do máis recoñecido a nivel galego e nacional. As casas reposteiras que seguen elaborando doces tradicionais da Terra de Melide son seis na actualidadee as variedades que se exaltan nesta celebración son os ricos, os amendoados e os melindres.
Un dos pratos fortes será o showcooking que realizarán os famosos “irmáns Torres” este sábado ás 19:30 h. na Viñoteca Ribeirao de Melide que contará coa colaboración do cociñeiro local Miguel Ángel Liboreiro do Restaurante O Tobo do Lobo como anfitrión.
A partir das 12:00 h. dará comezo a feira de produtos artesanais e a charanga BB+ amenizará o recinto e as rúas principais da vila. Xa pola noite destacar o programa musical de concertos co grupo Cómplices, Miguel Costas e a Banda de Nash.
O programa festivo para o domingo destaca pola animación de rúa da mañá a cargo de Froito Novo, a sesión vermú da Banda de Agolada ás 14:00 h.e os concertos de Óscar Ibáñez e Leirabuxo a partires das 19:30 h.
Embaixadores da edición 2018
Coma ven sendo habitual, un variado grupo de embaixadores comprometeranse a exaltar os doces da Terra de Melide. Os persoeiros escollidos este ano para esta labor, ademais dos cociñeros xemelgos Torres, son os seguintes: o actor da serie Fariña Monti Castiñeiras; a instagramer The Foodie Searcher; o adestrador do Obradoiro CAB Moncho Fernández; o chef Quique Rodríguez; o director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia Pati Blanco; o director da Orquestra de Cámara de Galicia Rogelio Groba; o director do CIFP Compostela Ramiro Esparís; a Asociación Deportiva Cerne; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez; a Directora Xeral de Comercio e Consumo Sol María Vázquez; a Xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia; Elena Fabeiro, e o Presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.