Gonzalo Caballero pide un "gran pacto das forzas vivas de Galicia" ante o problema demográfico

O secretario xeral do PSdeG solicita "novas políticas económicas, rurais e sociais" para liquidar o problema poboacional e "darlle unha posibilidade de futuro" ao país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2018 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este venres que Galicia necesita un "gran pacto demográfico das forzas vivas de Galicia" fundamentado en "novas políticas económicas, rurais e sociais" para liquidar o problema poboacional e "darlle unha posibilidade de futuro" ao país.

Gonzalo Caballero na sede do PSdeG
Gonzalo Caballero na sede do PSdeG | Fonte: publico

Así o destacou Caballero este venres antes de comezar o encontro 'Retos demográficos da Unión Europea. Poboación e economía no ámbito rexional', celebrado no restaurante San Miguel (Ourense), que contou coa presenza do eurodeputado José Blanco, o secretario provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, a eurodeputada e presidenta da delegación socialista española na UE, Iratxe García, e outros membros da formación como o portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga.

"O impulso do pacto demográfico debe vir de novas políticas económicas para Galicia que permitan revitalizar o país, novas políticas rurais que permitan impulsar a Galicia interior e unha aposta polos servizos públicos e polas políticas sociais", declarou Gonzalo Caballero.

"O goberno da Xunta de Galicia non está a acertar na súa folla de ruta do problema demográfico: non acerta na política económica, abandona o medio rural e recorta as políticas sociais", abundou o secretario xeral dos socialistas galegos.

Gonzalo Caballero destacou a importancia de "dar posibilidade ás mulleres" para potenciar a natalidade, "un tema moi relevante para Galicia" que, segundo afirmou o socialista, debe vir acompañado de melloras salariais e das condicións laborais.

"QUE NON HAXA RECORTES"

Pola súa banda, o eurodeputado José Blanco sinalou que hai que "continuar a batalla para conseguir que non haxa recortes" en sectores importantes das zonas despoboadas, e instou ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a que encabece a loita para lograr este obxectivo, xa que Galicia "se xoga moito".

Mentres tanto, a presidenta da delegación socialista española na UE, Iratxe García, destacou a relevancia do informe de retos demográficos achegado polos socialistas no Parlamento europeo a finais do pasado ano, no que se sinala que a solución ao problema demográfico pódese tratar desde Europa.

"Aprobamos o informe en novembro de 2017 para pornos a negociar en 2018 tres cuestiones fundamentais para a política europea e o futuro dos nosos territorios: a Política Agrícola Común, a política de cohesión e fondos estruturais e o marco financeiro da Unión Europea", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Pondaliao

Forzas vivas? O farmacéutico, a guardia civil e o cura?

2 Pondaliao

Forzas vivas? O farmacéutico, a guardia civil e o médico?

1 Chonilho da Galiza

Amigos todos, chonillos da Galiza!!! Vamos derrapar ao polígono e despois facer moito o amor para que a nosa raza de chonillos queimados do motor poidamos seguir derrapando eternamente cos nosos "leóns" á conta dos avós e do RISGA. Vivamos nós e o noso amor polo drifting. Viva "Cabaleiro" que nos vaia apoiar e abaixo os círculos que foron unha decepción para a nosa afección.