Queremos Galego prevé unha marcha masiva o Día das Letras en defensa da nosa lingua

A plataforma proclamará o dereito a vivir en galego fronte a "os ataques" da Xunta, á que acusa de manter "un 155 lingüístico de facto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, presentou o acto final da manifestación para o 17 de maioDía das Letras Galegas— baixo o lema 'En galego día a día'. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago após saír ás 12,00 horas da Alameda. O portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de Nieves Rodríguez e membros da xestora da plataforma cidadá, deu a coñecer diversos actos nas comarcas galegas para informar da marcha.

Queremos Galego
Queremos Galego | Fonte: Europa Press

No sitio web www.queremosgalego.gal figura toda a información dos autobuses a disposición de todas as persoas que desexen acudir a Santiago de Compostela a impulsar a "plena normalización" da lingua galega. Os autobuses partirán desde máis de 20 localidades, desde Ribadeo até A Guarda.

O día a día é, para Queremos Galego, "o que consegue manter viva unha lingua que non só non conta con amparo institucional, senón que recibe desamparo e agresividade sistemática, tal como mostran decisións como a desaparición do Diario Cultural", programa da Radio Galega.

Co lema 'En galego día a día', a plataforma cidadá pretende reivindicar o apoio social "crecente" á lingua galega que, ao seu xuízo, "contrasta coa actitude da Xunta de Galicia, que mantén un 155 lingüístico de facto", comparando a situación do idioma galego coa situación que se vive en Cataluña trala aplicación deste artigo da Constitución española, deseñado para suspender a autonomía das comunidades.

Segundo indicou Marcos Maceira, "en Galicia é o propio Goberno galego, co presidente Feijóo á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do Goberno español, renegando das funcións que lle dá o estatuto de autonomía e da alta representación de Galicia que debería exercer".

Como consecuencia, sinalou, "o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e carece de apoio do seu propio goberno".

Para Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, é necesario reivindicar a lingua porque "as linguas non supoñen ningunha barreira e menos o galego en Galicia". "Como comunicadora que son non podo máis que defender a miña lingua", subliñou.

ACTO FESTIVO E REIVINDICATIVO

O 17 de maio, a manifestación de Queremos Galego será un acto festivo e reivindicativo a prol da lingua galega. Participarán centos de colectivos e entidades de ámbitos diversos que teñen en común a defensa do idioma propio de Galicia.

Maceira resaltou tamén que "son miles as persoas que demandan cambios que garantan a presenza da lingua propia de Galicia en todo e para todo".

A marcha terminará na praza da Quintana, onde Rodríguez conducirá o acto final. Haberá lectura do manifesto 'En galego día a día' por persoas destacadas de diferentes ámbitos como a xustiza e a administración.

Ademais, actuarán Franki e os labregos da linguaxe co rap 'Rapea, que a lingua non para', que é o gañador do 'Correlingua 2018'. Estudan no IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela e son, para Queremos Galego, "un exemplo de que o galego ten futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Nexus 6

Perdón el nombre del Instituto es ANTONIO FRAGUAS que así se llamaba y quiso que le llamaran el susodicho: ANTONIO FRAGUAS

3 Vai subir a mareaaaa

O mellor dos comentarios dos resentidos mareístas pedindo que os cargos do bloque "busquen traballo" é que este tipo de xente é o estereotipo do seu liberado, por iso agora se están querendo tanto entre eles.

2 Cidadán

Benito,cando vas deixar de chupar do bote da política? Ah claro, que nin tes estudios nin sabes facer outra cousa.

1 Un do Bloque

O BNG é unha organización sería, que se mantén practicamente das nosas aportacións. Polo tanto precisamos de persoas que traballan e vivan para á causa. ..se lle pagas ti, protesta, senón calate.

1 Guillerme Gintonic

Cando pensa buscar un traballo Bieito Lobeira ? Xa lle é moita hora

1 Rafa Cubatas

Xa foi estibador e tampouco che valía. Avísao cando haxa vacante na túa mina.

2 Pa Pom

Bebe máis tonic e menos gin "Willy". Gustaríame saber que traballas ti a xulgar polo que participas por aquí supoño que pouca cousa. Todo o mundo ten dereito a cobrar polo que fai. Tampouco me gustou cando a xente protestaba polo soldo de Villares ou polo que poida cobrar Paula Quinteiro, teñen dereito a iso e non se debería discutir

3 Gamela

falando de cobrar cartos... https://i.gal/gamela05

4 Guillerme Gintonic

Estivador? E que pasa tivo un ataque de lumbalxia o día que traballou e non voltou ?

5 Guillerme Gintonic

Pa Pom: Traballo de liberado sindical na CIG-UPG