Agresión no último acto de Galicia Bilingüe

A maioría dos medios silencian a conferencia de Gloria Lago, agora crítica co PP, e os que recollen a palestra censuran os incidentes. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/03/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A Asociación contraria á normalización do galego organizou unha palestra o pasado xoves pola noite no Auditorio de Novacaixagalicia en Vigo. Malia que a cidade olívica é o centro deste colectivo, o grupo de Gloria Lago só foi quen de xuntar a menos de medio cento de persoas.

None

"Libertad de lengua, libertad de pensamiento"  era o título do acto . "Con palabras e imágenes os mostraremos lo que hay detrás de la imposición lingüística", proclamaba o colectivo.

Faro oculta os golpes contra os boicoteadores

Como en outras ocasións nos actos de GB en Vigo, a palestra foi interrumpida por persoas críticas coas actividades desta asociación. "Na Galiza, en galego!" berrou un home erguéndose entre o público cun cartaz.

A resposta da maioría dos socios de GB só foi abuchealo, pero polo menos dous individuos comezaron a golpes e empurróns co rapaz, que non se defendeu segundo as imaxes. Velaquí a escena recollida no vídeo de GZcontrainfo:

A mesma prensa que encubrou a Lago agora ignóraa

Segundo a crónica de Faro, a conferencia foi interrumpida en dúas ocasións. Faro de Vigo omitiu calquera referencia á agresión ao boicoteador por parte dos simpatizantes de Galicai Bilingüe. De acordo á cabeceira olívica, el " público reaccionaba con aplausos y gritos de ¡libertad!".

Durante o bipartito, calquera acto convocado por este colectivo recibía unha enorme cobertura mediática por parte de case todas as cabeceiras, que convertían en noticia do día a suposta persecución contra os críticos coa normalización por parte dos defensores do galego.

Lago vese traizoada polo PP

Polo contrario, os incidentes do xoves foron silenciados. Salvo no Faro, tamén foi silenciado o propio discurso de Lago, agora crítica co PP de Feijóo. A profesora insiste en que Feijóo incumpliu a súa promesa electoral de deixar aos pais escoller a lingua vehícular do ensino. Tamén argumenta que os equipos de normalización da escolas son en realidade ferramentas de suposta instrución nacionalista dos cativos.

O silencio é que o silenciamento mediático de Lago e dos incidentes, que noutrora foron magnificados, é un síntoma máis do distaciamento da asociación cos conservadores, moi precupados pola impacto electoral nas locais da forte mobilización social que desatou o decreto que reduciu o galego nas aulas. Un dos poucos apoios que lle queda a GB é o da Falange Española das Jons.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

36 Xarope

O que está claro e que GB non é un problema real, son catro gatos e tenhen que estar moi tolos para molestarse en achegarse ao auditorio a defender as súas absurdas ideas. O exaltado ese que lle zoupa resulta máis ridículo que realmente ofensivo. O vergonhento da situación é como o PP alentou para ganhar as eleccións a un grupo tan pequeno, radical e alporizado e agora deixounos tirados. E curioso que si se manifestan vinte mil persoas a prol da independencia non se lle da eco nos medios, manipulación política do xornalismo, coma sempre.

35 Isabel Rei Sanmartim

O exercício da violência é o recurso dos fracos. Agora, por cima, terão de enfrentar-se a uma denúncia no julgado. Contra a violência: justiça.

1 cidadán

Agardo que haxa denuncia. Sábese algo ao respecto?

34 instituto calvario

O actual Director Xeral de Administración Local, o falangista Norberto Uzal, non sería un deses que "acompañaron" á saída ao activista? Antes de ir de coche oficial do goberno galego e ser íntimo de Rueda era ao que se dedicaba na sede de Falange en Vigo e despois en Santiago. Así o recordamos muitos na súa época de instituto no Calvario e despois. Agora botou bandullo e parece un gordito simpático, pero é un extremista que intimou con Rueda en Cambados e que chegou até aí a través dos sumidoiros máis estreitos da ultra-dereita de Vigo e as Rias Baixas. Uzal era o matón, Rueda o neno pera e Louzán..., en fin. Ese é o goberno que temos. Reparen no clan de Cambados e as axudas da Deputación a estes ultras de GB.

1 Manolo2

Vale, pero primero háblanos de las ayudas que chupa la Mesa para la Normalización lingüistica de los fondos públicos. Cuéntanos algo más que los 400.000 € que recibió solo en 2008 de la Unión Europea. Cuéntanos también si en Galicia Bilingüe hay firmantes en apoyo de la legalización de un grupo terrorista como es el caso del señor Callón con HB, según se ha señalado en estas páginas.

2 instituto calvario

Ah, entón estaba?. Xa dicia eu que me parecia, ou no físico ou na "actitude" esa co brazo que se ve no video. Ou instigando a outros para mamporrear. O que non saíu aquí é como un membro dun grupo paramilitar que en calquer lugar de Europa continental estaría prohibido chega, PRECISAMENTE POR FORMAR PARTE DESA ORGANIZACIÓN ULTRA a integrar o goberno da Xunta de Galicia. Un lindo camiño, da ultra-dereita de Vigo, a través das influencias alí adquiridas, colocado polos seus en Cambados (onde coñece a Rueda e Louzán). Organizador das "concentraciones españolas" os 25 de Xullo en Santiago, na metade dos 90...Eses son os filántropos e intelectuais, Uzal, Rueda, Louzán que desvian DIÑEIRO PÚBLICO para GB...

3 Merce

Manolo, xa cho expliquei unha vez e hai que insistir en que non mintas. Eses 400.000 euros foron para a Dirección Xeral da Xuventude, que foi quen presentou un proxecto de voluntariado lingüístico moi ben valorado e que ademais estaba montado con asociacións e gobernos de diferentes estados europeos. Eses cartos son públicos e para un proxecto concreto, se ti consideras que esas subvencións non son correctas comeza por lle retirar todas as axudas europeas aos mil e un proxectos galegos subvencionados ao longo dos últimos 20 anos. Eses cartos dos que falas están sendo xestionados por Anxo Lorenzo, responsábel da Política Lingüística de Feijóo.

4 instituto calvario

Os vínculos Falange-Xunta (Presidencia!!)-Deputación e Galicia Bilingue, como os vosos queridos patrocinadores da FE son aínda ben sólidos. Ollar o número 4. http://www10.gencat.net/pls/gov_ele...

6 Manolo2

2. Pero ¿está prohibido o no está? Lo cierto es que ETA/HERRI BATASUNA es un grupo terrorista y así está considerado por las autoridades europeas, en base a una sentencia judicial firme. Tus opiniones no son fuente de ley. Tengamos en cuenta que aquí se ha dicho que al PP, el principal partido de Galicia, había que ilegalizarlo, pero claro, eso no vale. Denuncia, sentencia judicial y ya vale.

7 ratibrón

Ultradereita; falangistas e émulos dos SAs como Norberto Uzal agora na Presidencia da Xunta de brazo dereito de Rueda, á súa vez brazo dereito de Feijoo; "forzas vivas" de Cambados nos anos 90;...Diputación de Pontevedra e Louzán...

8 Manolo2

Ya sabes, denuncia, y cuando tengas sentencia judicial firme podremos comparar. Pelas para montar una buena demanda seguro que no os faltan. Aunque claro, a lo peor es que vuestros aVogados son muy burros.

9 montañas nevadas

Cuando acabemos con el estado de las autonomias a los de Galicia Bilingue los vamos a destinar a los institutos de Melilla, Louzán os abrirá las puertas del insti y el Uzal se encargará en el patio de que nadie hable francés o arabe.

10 heiman

Manolo, non cres que igual que tu dis "ya sabes, denuncia", estás a contradicirte ao acusar á Mesa de non sei que co dos 400.000, ademais de demostrar a túa ignorancia supina en asuntos comunitarios. E si, avogado como os advocatum de Roma. Viaxa e le máis fai favor.

11 Manolo2

No acuso de nada. Simplemente algunos llevamos varios meses preguntado al xefe de la Mesa que por aquí escribe, y que es el que supuestamente sabe. Y sigue sin contestarnos.

12 Porco Jones

Manolo, es un pesado, isa pregunta respostámoscha 50 persoas, 50 veces diferentes, Carlos incluido. Xa se ve que o único que queres é intoxicar, igual que os teus amiguinhos vil-ingües.

13 Manolo2

Me puedes decir donde y cuando contestó el señor Callón a la pregunta de ¿Cuantos dineros públicos recibió la Mesa durante los últimos años?

14 online

Este fio é para falar dos falangistas na Xunta, para trazar as traxectorias de notorios matóns fascistas que desde Cambabos aterraron en San Caetano e na Deputación de Pontevedra, fornecedora de diñeiros públicos para estes ultras...non bailedes o caraelsol de distración que estes frikis poñen para mudar a conversa.

15 Patro

Falange é un partido tan legal como o SOE ou o PP. Os partidos dos que poñen bombas en caixeiros, non son legáis, e parece que a algúns de por aquí queren darlle a volta á tortilla.

16 eu daqui

si a falange e un partido legal como deberia ser o NSDAP ( http://es.wikipedia.org/wiki/Partid.... O que pasa que unha transicion e unha democracia un pouco mais seria decidiu ilegalizar a partidos xenocidas. Mais acho que contestar a trolls como vostede é unha grande perda de tempo. Por certo a Guarda Civil son as SS alemás, outra vez unha democracia un bocado mais seria eliminou un corpo militar xenocida ...

33 Manolo2

Con la tendenciosidad que le caracteriza - quien paga manda - Galicia Confidencial también apoya bastante a Galicia Bilingüe. A su manera, claro está. En estos casos hay que entenderlo al revés. Si habla de agresión en un acto de GB es que unos cuantos alborotadores intentaron reventar un acto de tan ilustre asociación. Como han hecho tantas veces anteriormente, demostrando la idea de que los enemigos de GB sin violencia no son nada. Cuatro pirados bien colocados - en sentido adictivo - dirigidos por otros que en muchos casos llevan corbata y chupan del erario público.

1 Rayleigh

Lo de 4 pirados por quien lo dices? Por Glory y su chusma no? Por que corbatas y trajeados es el uniforme oficial de esa gente. Creen que si llevan corbata, parecen más inteligentes cuando en realidad son unos ignorantes de cuidado.

2 Manolo2

Lo digo por ti y los tres zumbados que sois la carne de cañón de los caciques del BNG. Mientras ellos son políticos profesionales o liberados sindicales, que viven fenomenalmente bien sin rascarla, tu les haces el trabajo sucio gratis total. Si así piensas que van a compartir poltrona contigo, andas muy errado.

3 Manolo2

... no como yo que estoy pagado por la consellería

4 Rayleigh

Perdona manolo...pero creo que te sigues confundiendo. Supongo que te referirás al Pedro Arias que mencionan por aquí, a Baltar I e II, a Louzán, a Corina Porro, a Negreira...Todos de una competencia que asusta (y no precisamente por lo bueno). Vamos..que no hay dirigente del PP que se salve. Y bien que los votas, eh campeón? Ya se sabe como funcionan las cosas en Galicia gracias a gente como tú. Que puedes ser semianalfabeto y sin embargo conseguir un puesto de funcionario..o presidente de diputación. Siempre que tengas el carnet que debes tener.

5 Manolo2

3. Ese es falso. No usurpes mi nombre

6 Rayleigh

É falso? Pois non noto a diferencia, manolo.

32 Porco Jones

GB é uma asociación neofeixista, de corte violento e antidemocrático. Podédelo negar todo o que queirades, pero os vil-ingües non son maís que un grupo de hooligans anacrónicos. Temos sorte de que só sexan catro feixistas desnortados, prque senon ian bater en nós ata quedar a gusto (como xa fixeron durante maís de 40 anos). É uma vergonha que estes skinheads tenhan relación cun goberno que se considera democrático.

1 CranioF

Nin skinheads nin neofeixistas. Nin tampouco antidemocráticos. O que ocurre é que aborrecen ao idioma galego, iso sí. A mín desespéranme esas actitudes, pero teñen dereito a pedir o que consideren xusto. Fago de abogado do "demo", da mesma forma que non diría que o BNG é antidemocrático,(polo menos mentres non pediran a dictadura do proletariado, obviamente :D).

2 Manolo2

Empiezas bien, pero te equivocas. No se aborrece el gallego. Se aborrece la imposición del gallego, pero por el hecho de ser imposición y desprecio al otro idioma oficial de Galicia, en el que hoy por hoy nos expresamos habitualmente la mayoría de los gallegos. A ver si eres mejor abogado;-)

3 Manolo2

Empiezas bien, pero te equivocas. No se aborrece el gallego. Se aborrece la imposición del gallego, pero por el hecho de ser imposición y desprecio al otro idioma oficial de Galicia, en el que hoy por hoy nos expresamos habitualmente la mayoría de los gallegos. A ver si eres mejor abogado;-)

4 Porco Jones

Manolo,¿qué imposición nin que farrapo de gaita Manolo? Iso é MENTIRA, non existe nin existiu tal imposición. Sodes hipócritas e mentireiros e o pior é que o sabedes. Tamén sabedes que a nosa lingua está en perigo, e moi doente de diglosia, pero vos non sodes maís que feixistas agochados e o que queredes é que o doente morra canto antes. CranioF, está ben debater e de cando en vez facer de avogado do dianho, pero hai cousas e persoas que son INDEFENDIBLES.

5 Craniof

A liberdade é defendible, Jones. Se non a houbo noutros tempos para poder estudiar en galego, ten que habela agora para poderen escoller. Ata aí concordo cos G-Bilingües. Pero sí, Manolo, desde logo que sí, a esta xente só lles importa que o castelán non retroceda xamáis ante o galego. Non lles importa que o galego SÍ retroceda ante o castelán, e fundamentalmente por prexuízos que non se molestan en combater nin denunciar. E sabes ben que é por esa razón que hoxe por hoxe, o castelán sexa maioritario. Por iso digo: ou aborrecen ou non lles importa un carallo a outra língua de ese "bilingüismo". Liberdade de elección no ensino: SÍ. Pero deixando as cousas claras.