Agresión no último acto de Galicia Bilingüe

A maioría dos medios silencian a conferencia de Gloria Lago, agora crítica co PP, e os que recollen a palestra censuran os incidentes. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/03/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A Asociación contraria á normalización do galego organizou unha palestra o pasado xoves pola noite no Auditorio de Novacaixagalicia en Vigo. Malia que a cidade olívica é o centro deste colectivo, o grupo de Gloria Lago só foi quen de xuntar a menos de medio cento de persoas.

None

"Libertad de lengua, libertad de pensamiento"  era o título do acto . "Con palabras e imágenes os mostraremos lo que hay detrás de la imposición lingüística", proclamaba o colectivo.

Faro oculta os golpes contra os boicoteadores

Como en outras ocasións nos actos de GB en Vigo, a palestra foi interrumpida por persoas críticas coas actividades desta asociación. "Na Galiza, en galego!" berrou un home erguéndose entre o público cun cartaz.

A resposta da maioría dos socios de GB só foi abuchealo, pero polo menos dous individuos comezaron a golpes e empurróns co rapaz, que non se defendeu segundo as imaxes. Velaquí a escena recollida no vídeo de GZcontrainfo:

A mesma prensa que encubrou a Lago agora ignóraa

Segundo a crónica de Faro, a conferencia foi interrumpida en dúas ocasións. Faro de Vigo omitiu calquera referencia á agresión ao boicoteador por parte dos simpatizantes de Galicai Bilingüe. De acordo á cabeceira olívica, el " público reaccionaba con aplausos y gritos de ¡libertad!".

Durante o bipartito, calquera acto convocado por este colectivo recibía unha enorme cobertura mediática por parte de case todas as cabeceiras, que convertían en noticia do día a suposta persecución contra os críticos coa normalización por parte dos defensores do galego.

Lago vese traizoada polo PP

Polo contrario, os incidentes do xoves foron silenciados. Salvo no Faro, tamén foi silenciado o propio discurso de Lago, agora crítica co PP de Feijóo. A profesora insiste en que Feijóo incumpliu a súa promesa electoral de deixar aos pais escoller a lingua vehícular do ensino. Tamén argumenta que os equipos de normalización da escolas son en realidade ferramentas de suposta instrución nacionalista dos cativos.

O silencio é que o silenciamento mediático de Lago e dos incidentes, que noutrora foron magnificados, é un síntoma máis do distaciamento da asociación cos conservadores, moi precupados pola impacto electoral nas locais da forte mobilización social que desatou o decreto que reduciu o galego nas aulas. Un dos poucos apoios que lle queda a GB é o da Falange Española das Jons.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

31 Compostelana

Con todos os meus respectos o voso artigo goza dunha parcialidade abraiante e criticades ao Faros, eu só digo eso de...díxolle a sartén ao cazo!!

30 Isabel Rei Sanmartim

Aguardo que o agredido leve para a frente a denúncia pertinente e os agressores tenham que comparecer no julgado. Contra a violência: justiça.

1 Compostelana

E contra o integrismo lingüístico de calquera bando...sentido común!

2 Isabel Rei Sanmartim

Escrever não é delito, porém agredir, sim. O sentido comum hoje diz que é melhor poder comunicar-se com 250 + 3 milhões de pessoas do que com 3 milhões menos os violentos, com quem ninguém quer comunicar-se...

3 Compostelana

A Deus grazas que estudei algo de portugués porque me custa seguir o teu galego reintegracionista, porque é galego non? en calquera caso, eu non falei de delictos, por suposto que a agresión debe ser castigada penalmente, eu falaba de integrismo, de falta de tolerancia, de uso político dun idioma...e manteño a miña postura, falta de sentidiño!!!

4 CranioF

Menos mal que tamèn hai dos meus. Gracias Compostelana.

5 Porco Jones

Cranio meu, pensa un pouco, repasa o que leva pasado e recapacita...¿quén son os violentos? ¿quén son os que imponhen? ¿por qué destruir algo que é uma riqueza para tódolos galegos?...os vil-ingües minten, retorcen e enganan, e xente coma tí e a Compostelana comulgades coa súa hipocresía. Sede complices do exterminio se queredes, eu non tenho intención de me render.

6 Compostelana

Parece que "por cojones" defender as ideas neste espazo dende a tolerancia está mal visto. Porco Jones a hipocresía non entra nos meus razoamentos, non coñezo a ninguén dese movemento nin sei como funciona, o único que sei e que eu loito polo galego cada día falándoo, usándoo no meu traballo e promovéndoo entre os meus achegados o que non fago e política coa miña lingua porque me parece obsceno. E eu son bilingüe, non de GB, son bilingüe porque me parece que a lingua é cultura sexa cal sexa, xa está ben de tanta manipulación antes os que falamos dende a imparcialidade!! Por outra banda, entrades en incoherencias... se estes de GB con 4 pelagatos porque falades de loita e de renderse.....comprendede dunha vez que a morte do galego non depende de grupos ideolóxicos nin dos governos, depende de nós!!!!!!

7 Porco Jones

Sí Compos sí, moi ben, pero de momento as matemáticas e a física en galego están PROHIBIDAS e os libros de texto en galego están a ser queimados. Tampouco dependerá de governos, pero compara a saúde do catalán e o basco e a do galego. Díxose que había imposición do galego e ganharon as eleccións, falan de non imposición e prohiben a nosa lingua. Se non ves a hipocresía e o xogo suxo é que estas moi cega nena.

8 serafín

Erras Porco, as eleccións perdeunas o BNG (xa sei que ti non es capaz de ver o que non che agrada na barriga, pero é o que hai: foi o BNG o que fallou), e se de verdade che interesara a saúde do galego entenderías tamén que non se pode politizar a lingua ou perdemos a batalla (pero a barriguiña, xa sabemos, fai que poñas por diante o partido). Afortunadamente non tedes a exclusiva, nin o PPSOE é tan diferente, mellor dito: sodes igual de miserables.

9 Rayleigh

O que fallou? Non creo que fora por iso serafín. Máis ben os socialistas que pensan que se consiguen eliminar o BNG da ecuación vanse quedar con todos os votos deste partido. Son de Vigo e sei do que falo. O BNG, rapaz, non ten culpa de que uns renegados se avergoñen de ser galegos. Se tanto problema teñen que o galego pareza unha seña de identidade dun partido, terían que ser eles os que deran o primeiro paso para que iso non ocorrera, non cres? Mira o que pasa en Euskadi e Catalunya. Os principais partidos consideran os seus idiomas como algo de vital importancia e non permiten ningunha estupidez sobre elo. Pero aquí góstanos face-lo paleto, verdade? E neste saco meto tamén os lusistas e reintegracionistas.

10 Compostelana

Porco...chámote así polo de Compos (exceso de confianza jaja)cego está quen no ve máis alá da súa napia, onde queiman os libros en galego? en Mazaralos? digo por ir a ese aquelarre pepeiro e observalo. Que se imparta materias en galego e outras en castelán paréceme lóxico e natural, que promovamos o galego non ten porque ser a costa de negar o castelán e esto dio unha galegofalante confesa . Sobre o tema do basco e o seu papel na sociedade euskaldún poderiamos falar longo e tendido. Só engadir unha cousa máis, as eleccións perderonas BNG e PSOE por ineptos e porque o eleitorado así o quixo, igual que chimparán ao PP se actúan tamén como tales. Pese a quen pese o galego non é patrimonio dunhas siglas...

11 Porco Jones

Porco está ben, é o meu nick, ahí non hai caso, pero o de que están a destruir miles de libros de texto é uma verdade que sabe todo o mundo. Se ademaís de non saber iso, vas disculpar que se prohiba impartir clases de certas materias en galego xa empezo a sospeitar que non és trigo limpo. Que as eleccións as perdeu o bipartito xa o sei, pero que a campanha do PP estivo en parte baseada na MENTIRA da imposición do galego tamén é verdade. O galego é uma lingua minorizada, doente de diglosia que perde falantes e importancia social cada día, ata o director da RAE dixo que a inmersión era a única maneira de salvalo. Isa é a verdade, o demaís sonche lerias.

12 Porco Jones

Ah! e non esteas tan preocupada polo castelhano, é uma lingua do mundo, aínda maís falada que o portugués. En castelhano existen miles de medios de comunicación, e é lingua oficial de moitos grandes países. Ademaís, o castelhano é oficial e maioritario en lugares nos que a lingua propia é outra (Galiza, Catalunya, Euskadim Paraguai). Así que, durme tranquila...

13 Compostelana

Pero home porque tanta acritude? en primeiro lugar, non son trigo limpo? porque? porque non opino coma ti? a miña vida non che interesara supoño, pero non milito en ningún partido, non pertenzo a ningún colectivo, non debo réditos a ninguén, teño o trigo ben rareado e limpo. En calquera caso, non me preocupa o tema dos castelán, obviamente e como ti dis non está en perigo. Tampouco estou dacordo con que se prohíba o uso do galego nas aulas, só digo que me parece lóxico que algunhas materias se impartan nesta que, ao fin e o cabo, é unha lingua que tamén debemos coñecer. E insisto por enésima vez, a diglosia é un problema social non político, quen debe solventalo? os políticos poden e deben "axudar" pero son os cidadáns os que deciden falalo ou non. Polo demais, tranquilo ti... o meu sono é doce e relaxado jaja.

14 Porco Jones

Non me entendas mal Compostela, son artificios do debate, non tenho nenguma base para dicir que non sexas trigo limpo. Acepta as minhas disculpas. Tampouco digo que o castelhano tenha que desaparecer das aulas (aínda que non pasaría nada, igual que non pasa en Catalunya) o que digo é que o tema de prohibir impartir certas materias en galego sona a medida franquista. Aínda maís, penso que é uma medida anticonstitucional, porque temos que recordar que o galego é uma lingua oficial no territorio de Galiza, e aínda que non existe a obriga de conhecela, si temos o dereito a utilizala sempre que nos pete. Iso é liberdade, a "liberdade" que defenden os bífidos e a mesma que tivemos do 1936 ao 1975, se alguén quere voltar que volte, eu prefiro andar cara a futuro que cara ao pasado (ou cara al sol).

15 Compostelana

Desculpas aceptadas Porco, gozo do debate e eso compensa a tua "mala uva" momentánea. Penso que tema que comentas axustase á constitucionalidade, dado que a liberdade está garantida no senso que calquera neno galego pode falar galego nas aulas, dende logo se un profesor llo prohíbe eso sí sería gravísimo. Polo demais, erradicar o castelán das aulas ( caso catalán) non me parece unha medida progresista máis ben pareceme lamentable, pobre daquel que considera que é mellor menos coñecemento que máis. Conxugar o uso das duas linguas na ensinanza é un traballo complicado pero alguén o terá que abordar dunha vez, en calquera caso, máis traballo na casa, pais e nais!!!.

16 Porco Jones

Pois paramín, que un docente galego, na Galiza, non poida impartir uma asignatura na lingua propia do país paréceme anticonstitucional, iso é un ataque claro á liberdade. Por outra banda, o que se erradica das aulas é o galego, non o castelhano. A lingua que perde falantes é o galego, non o catelhano (que ganha falantes en Galiza cada día). Por iso, podo dicir coa boca chea que a política da Xunta promove a inhorancia. A educación na casa é cousa de cada un, pero a educación nas aulas é cousa de todos.

17 Compostelana

Prohíbir a un profesor impartir unha asignatura na súa lingua nai dende logo é grave exactamente igual que impoñer o uso de libros en galego nun 100% das materias, calquera imposición é vergoñenta. E eu digo a bocachea que a exclusión é xerme directo da ignorancia da que falas, pero ollo! nun lado e noutro. Remato facéndoche unha pregunta que o meu asesor espiritual me pide que che faga...podes dicirme que é para ti a liberdade?

18 Porco Jones

Pódeslhe dicir ao teu asesor que a liberdade absoluta non existe (porque a propia liberdade remata onde comeza a dos demaís), pero debemos tentar aproximarnos todo o posible. A liberdade é un concepto moi difícil de definir, pero seguro que a arbitrariedade, a mentira, a inxustiza e a hipocresía e a corrupción non axudan nada. De tódolos xeitos pensarei no tema para tentar darche uma resposta, porque é uma moi boa pregunta. Apertas Compos!

19 Compostelana

O meu asesor e eu agradecémosche que poñas interese en buscar esa definición eu aportarei a propia ( o asesor non ten dereito a voz neste eido). Apertas para ti tamén!

29 Isabel Rei Sanmartim

Aguardo que o agredido leve para a frente a denúncia pertinente e os agressores tenham que comparecer no julgado. Contra a violência: justiça.

28 Manoliño

Parafraseando ao vello blog de renovarobng, eu diría: acabo de entrar na web do bng, e Mejuto aínda non subiu o comunicado do consello nacional, rexeitando a estes galegófobos e lamentando a impunidade coa que se moven ¿Que tal me quedou? XD

27 xavierinho

non sei a que van ahi a boicotear nada, si eso se boicotean sos, canto menos publicidade mellor. Insisto, total perdida de tempo de esa xente ir ali a nada