Agresión no último acto de Galicia Bilingüe

A maioría dos medios silencian a conferencia de Gloria Lago, agora crítica co PP, e os que recollen a palestra censuran os incidentes. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/03/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A Asociación contraria á normalización do galego organizou unha palestra o pasado xoves pola noite no Auditorio de Novacaixagalicia en Vigo. Malia que a cidade olívica é o centro deste colectivo, o grupo de Gloria Lago só foi quen de xuntar a menos de medio cento de persoas.

None

"Libertad de lengua, libertad de pensamiento"  era o título do acto . "Con palabras e imágenes os mostraremos lo que hay detrás de la imposición lingüística", proclamaba o colectivo.

Faro oculta os golpes contra os boicoteadores

Como en outras ocasións nos actos de GB en Vigo, a palestra foi interrumpida por persoas críticas coas actividades desta asociación. "Na Galiza, en galego!" berrou un home erguéndose entre o público cun cartaz.

A resposta da maioría dos socios de GB só foi abuchealo, pero polo menos dous individuos comezaron a golpes e empurróns co rapaz, que non se defendeu segundo as imaxes. Velaquí a escena recollida no vídeo de GZcontrainfo:

A mesma prensa que encubrou a Lago agora ignóraa

Segundo a crónica de Faro, a conferencia foi interrumpida en dúas ocasións. Faro de Vigo omitiu calquera referencia á agresión ao boicoteador por parte dos simpatizantes de Galicai Bilingüe. De acordo á cabeceira olívica, el " público reaccionaba con aplausos y gritos de ¡libertad!".

Durante o bipartito, calquera acto convocado por este colectivo recibía unha enorme cobertura mediática por parte de case todas as cabeceiras, que convertían en noticia do día a suposta persecución contra os críticos coa normalización por parte dos defensores do galego.

Lago vese traizoada polo PP

Polo contrario, os incidentes do xoves foron silenciados. Salvo no Faro, tamén foi silenciado o propio discurso de Lago, agora crítica co PP de Feijóo. A profesora insiste en que Feijóo incumpliu a súa promesa electoral de deixar aos pais escoller a lingua vehícular do ensino. Tamén argumenta que os equipos de normalización da escolas son en realidade ferramentas de suposta instrución nacionalista dos cativos.

O silencio é que o silenciamento mediático de Lago e dos incidentes, que noutrora foron magnificados, é un síntoma máis do distaciamento da asociación cos conservadores, moi precupados pola impacto electoral nas locais da forte mobilización social que desatou o decreto que reduciu o galego nas aulas. Un dos poucos apoios que lle queda a GB é o da Falange Española das Jons.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

1 Roel

Un dos poucos apoios que lle queda á metílica é o de Falange Española. Xa me imaxino como ten que soar a palabra LIBERTAD nas gorxas dos falanxistas.