O PP veta que Feijóo compareza sobre as caixas, pero a oposición preguntaralle sobre as súas "mentiras"

O PPdeG, grupo maioritario no Parlamento galego, vetou que o presidente da Xunta compareza no próximo pleno sobre a fusión das caixas galegas, tal e como pedían en conxunto os grupos da oposición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2018 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Con todo, Feijóo  deberá responder sobre este tema, xa que os grupos de En Marea e BNG usarán as súas preguntas ao presidente do próximo pleno para que Feijóo dea explicacións sobre as súas "mentiras" acerca da fusión, que se fixo en función dunha auditoría externa, pero "nin hai auditoría nin ese documento avalaba a fusión".

Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas
Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas | Fonte: Xunta

Ademais, o PSdeG preguntará ao titular do Executivo galego pola situación da sanidade galega, despois da "notable deterioración" que observan os cidadáns na atención do Sergas.

Así mesmo, os populares tamén denegaron a intervención en pleno de Feijóo para dar conta da súa recente viaxe institucional a México, mentres que tampouco admitiron que o conselleiro de Cultura compareza sobre os cambios na programación cultural da CRTVG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O Presidentiño é un impresentable.