Gonzalo Caballero denuncia que Galicia non ten prioridade para Rajoy

líder do PSdeG pide ademais 600 millóns de investimento. Despois de reunirse con Margarita Carballos, Adriana Lastra e Rafael Simancas no Congreso.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/05/2018 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, aproveitou este mércores a súa visita ao Congreso, onde se reuniu coa portavoz do Grupo Socialista, Margarita Carballos, para denunciar que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2018 evidencian que Galicia "non é unha prioridade" para o presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Aproveitou tamén para esixir que o Estado destine 700 millóns adicionais a investimentos na comunidade autónoma.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero

Así o sinalou Caballero despois dun encontro no que participaron tamén a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, e o secretario xeral do Grupo Socialista, Rafael Simancas. Este encontro enmarcouse na rolda de contactos con distintos actores que abriu após a súa chegada o pasado outono á Secretaría Xeral do PSdeG.

Caballero defendeu que a súa formación está a deseñar unha "folla de ruta para Galicia que poña como prioridade os problemas do país fronte a un Goberno que se esquece das necesidades dos galegos" e criticou que o nivel de investimento na súa comunidade recollido nos Orzamentos para 2018 é moi inferior ao incluído nas contas dos Gobernos de José Luís Rodríguez Zapatero durante os peores anos da crise.

MENOS QUE NA CRISE

"Non teñen unha prioridade social, non cambian o modelo produtivo de país e non aproveitan a mellora nas cifras macroeconómicas para que cheguen ás familias e os cidadáns", incidiu Caballero, quen tamén destacou que o nivel de investimentos en Galicia está moi por baixo doutras comunidades.

Neste contexto, defendeu que Galicia debe recuperar o nivel de investimento dos anos da crise, cando se destinaban uns 2.600 millóns á súa comunidade. Para iso, os socialistas presentaron unha serie de emendas parciais para incrementar en 600 millóns as partidas destinadas a Galicia.

"Rajoy, que é galego, ten as súas prioridades fóra de Galicia; polos seus acordos co PNV e Cidadáns relega os intereses dos galegos", indicou o líder socialista, quen tamén volveu a criticar a "campaña de mercadotecnia" que, ao seu xuízo, puxeron en marcha en Galicia Rajoy, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.

Neste contexto, denunciou que os tres están a facer de obras en Galicia que non están nos Orzamentos cando, ademais, aínda están pendentes de execución 2.000 millóns de contas anteriores. "Agora expoñen investimentos sen prazos que non son cribles nin reais", sinalou, após acusar a Feijóo de traballar para "escalar posicións no recambio da dereita dentro do PP".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta