A Xunta, á espera de coñecer "con que criterios" Fomento pedirá a Audasa levantar barreiras da peaxe ante atascos

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, deu por feito que o Ministerio de Fomento pedirá este mércores a Audasa o levantamento das barreiras da peaxe en caso de atascos, pero esperou a coñecer "cando, en que momento" e "con que criterios".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2018 | Actualizada ás 19:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, deu por feito que o Ministerio de Fomento pedirá este mércores a Audasa o levantamento das barreiras da peaxe en caso de atascos, pero esperou a coñecer "cando, en que momento" e "con que criterios".

Obras na ponte de Rande
Obras na ponte de Rande | Fonte: Europa Press

"Estamos a falar de moitas incidencias e moitos problemas na ponte de Rande", advertiu Vázquez en Lugo, antes de indicar que espera que "acabarán pronto", xa que Fomento "trasladou que o 31 de maio acabarán esas molestias", polas obras que afectan o tráfico.

En declaracións aos medios de comunicación, a conselleira apuntou a "atascos moi importantes durante moito tempo" na ponte, motivo polo que o Ministerio de Fomento avanzou que exporía este mércores a Audasa a posibilidade de abrir as barreiras da peaxe cando se produzan esas retencións.

A titular de Infraestruturas engadiu que a ampliación da ponte é unha obra "moi complexa" e lembrou que a Xunta "sempre" demanda "unha calidade do servizo", que "é importante" en canto a seguridade, tempos de percorrido na AP-9 "e tamén en Rande".

"CANTO ANTES"

Por iso, esperou que Fomento tome nota, que "canto antes se adopte unha decisión" e que ese "criterio" sexa trasladado ao Goberno galego.

Vázquez lembrou por último que a Xunta "non está convocada" ao encontro deste mércores, entre responsables do ministerio e os titulares da concesión da autoestrada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta