Xunta e sindicatos acordan unha subida lineal de salarios para situar aos docentes galegos como os sextos do Estado

A Consellería de Educación e sindicatos con representación na mesa sectorial do ensino non universitario (CC.OO., UXT, CIG e ANPE) comezaron este mércores as negociacións para revisar os salarios dos docentes galegos e acordaron unha subida lineal que os sitúe na contorna do sexto posto do Estado entre os que máis cobran.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2018 | Actualizada ás 20:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación e sindicatos con representación na mesa sectorial do ensino non universitario (CC.OO., UXT, CIG e ANPE) comezaron este mércores as negociacións para revisar os salarios dos docentes galegos e acordaron unha subida lineal que os sitúe na contorna do sexto posto do Estado entre os que máis cobran.

Tanto a Administración autonómica como representantes das catro organizacións sindicais coincidiron en que a subida de salarios terá que ser lineal, é dicir, igual para o catro corpos docentes (educación infantil, primaria, secundaria e catedráticos non universitarios). Na actualidade, segundo os sindicatos, os docentes galegos sitúanse entre os undécimos e os décimo terceiros no ranking nacional, mentres que a Xunta alega que están preto da media.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, non avanzou ningunha contía até a cal está disposto a chegar o seu departamento, aínda que UXT, CC.OO. e ANPE estimaron unha subida de entre 130 e 135 euros mensuais.

Pola súa banda, o secretario de CIG Ensino, Suso Bermello, asegurou que "está moi ben falar de postos na táboa", pero matizou que "o normal sería abrir unha negociación global", que inclúa a recuperación de condicións laborais e das pagas extra, que cifrou ao redor de 6.300 euros por docente.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta