Reeditados dous libros de María Victoria Moreno para incorporalos á Libraría Institucional

A Xunta reeditou dous libros de María Victoria Moreno, son dúas obras de diferente xénero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2018 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A Xunta reeditou dous libros de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, para polos a disposición do público na Libraría Institucional. Trátase de dúas obras de diferente xénero.  Concretamente, trátase do ensaio 'As linguas de España' e un libro de estilística da lingua galega, 'Verso en prosa'. Os dous son, ademais, exemplos do "rigoroso traballo" no campo da didáctica da escritora.

María Victoria Moreno
María Victoria Moreno

Estas obras foran editadas xa no ano 1991, dentro da colección Andel, polo Goberno galego, que decide agora reeditalos en formato dixital e polos a disposición do público, autorizando a descarga a través da Libraría Institucional, en varios formatos e para diferentes dispositivos electrónicos de lectura.

Unha iniciativa similar é a que fixo a compañía Monbus, que se suma aos actos de conmemoración coa publicación dun conto da autora homenaxeada, escrito para a colección 'Contos do Castromil'. O conto, 'Querida Avoa', narra en primeira persona as viaxes de Sabela no autobús para ir á súa aldea. Así, a compañía encherá os autobuses da estación de Lugo, Ourense, Santiago e Pontevedra de carteis en honra á autora, repartirá marcapáginas entre os viaxeiros e facilitará a descarga da súa páxina web deste relato a través do código QR deses marcapáginas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta