Falece en Narón (A Coruña) un operario do sector naval ao caerlle encima unha chapa metálica

Responsables de Inspección de Traballo desprazáronse ao centro para investigar o suceso

Ferrol | 16/05/2018 | Actualizada ás 22:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un traballador do sector do metal faleceu na tarde deste mércores nun accidente laboral acontecido sobre as 18,30 horas nos talleres da empresa Montajes Tubacer, situada no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón (A Coruña), ao caerlle encima unha chapa metálica mentres realizaba traballos de armador.

O falecido, cuxa identidade responde as iniciais O.B.F., tiña 44 anos de idade, era veciño da comarca de Ferrolterra e pai de dous menores de idade. O suceso causou gran conmoción entre os compañeiros de faena e mesmo dentro dos propios estaleiros de Navantia, xa que durante varios anos realizara traballos para outras auxiliares da empresa naval pública.

Integrantes da Inspección de Traballo desprazáronse até as instalacións de Montajes Tubacer, onde horas antes, na quenda de noite, segundo fontes consultadas por Europa Press, outro operario sufriu a fractura dunha perna noutro incidente.

A comisión xudicial trasladouse até o polígono de Río do Pozo e autorizou o levantamento do cadáver, que foi trasladado ao Hospital Naval, onde á primeira hora da mañá deste xoves está previsto que se lle practique a autopsia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta