Aberto expediente en O Pino a Cobre San Rafael por facer sondaxes sen autorización municipal

Técnicos municipais confirmáronlle ao concelleiro socialista Óscar Vilar, que o ente local comezou os trámites para que a empresa detrás das catas da mina O Pino-Touro, Cobre San Rafael, repoña os danos en bens públicos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/05/2018 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

O Concello de O Pino abre expediente de reposición á legalidade a Cobre San Rafael, S.L., a empresa que xunto con Explotaciones Gallegas e Atalaya Mining están detrás da petición de reapertura das antigas minas de cobre de Touro e O Pino. Esta acción municipal faise logo de que o concelleiro do PSOE municipal xunto con outro do BNG, solicitaran información sobre os permisos concedidos polo concello á empresa mineira.

Alberto Lavandeira, de Atalaya Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro
Alberto Lavandeira, de Atalaya Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro

Segundo un comunicado enviado desde o PSOE local, a empresa Cobre San Rafael carecía dos permisos municipais para realizar sondaxes. Non obstante, segundo denuncian nun comunicado os socialistas de O Pino, a compañía mineira realizou catas sen permiso tanto en áreas privadas como de titularidade pública municipal. A falta de permisos foi confirmada por técnicos municipais ao concelleiro socialista Óscar Vilar e que o concello iniciara o trámites para a reposición da legalidade nos danos causados pola empresa mineira responsable das sondaxes. Estas accións municipais diríxense aos danos que se puideran ter causado en bens de dominio público.

“Quedando constatado, tal como denuncio a oposición (PSdeG e BNG), que Cobre San Rafael realizou, e realiza, labores de sondaxes carecendo das correspondentes autorizacións municipais no concello de O Pino” tal como di o comunicado de prensa enviado polo PSOE de O Pino. 


Desta maneira, cando xa se ten incoado o trámite e en fase de investigación e inspección, a o posición municipal espera que se paralicen automaticamente os labores de sondaxe. Tamén esperan que unha vez resolto o procedemento, se proceda á reposición dos elementos alterados. Seguido todo da correspondente sanción, “xa que resulta claro que o actuar de Cobre San Rafael, S.L. é claramente desconforme a dereito”, afirma Vilar. 

Temas: MINA TOURO O PINO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta