Solicitan datos do accidente no que morreu un mozo en Guitiriz (Lugo) ao chocar o quad no que ía cun camión

Dentro da investigación sobre o accidente no que faleceu un mozo de 23 anos ao chocar o quad no que circulaba contra un camión en Guitiriz (Lugo), a Garda Civil solicita datos sobre a documentación de ambos os vehículos implicados no sinistro, así como as pertinentes probas de alcoholemia e drogas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2018 | Actualizada ás 13:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dentro da investigación sobre o accidente no que faleceu un mozo de 23 anos ao chocar o quad no que circulaba contra un camión en Guitiriz (Lugo), a Garda Civil solicita datos sobre a documentación de ambos os vehículos implicados no sinistro, así como as pertinentes probas de alcoholemia e drogas.

Fontes da Garda Civil de Lugo explicaron a Europa Press que todos os datos en relación ao accidente ocorrido a última hora da tarde do mércores serán remitidos ao Xulgado número un de Vilalba, que leva a instrución do caso.

A vítima mortal responde as iniciais A.V.L., de 23 anos, que faleceu a última hora da tarde do mércores após chocar de forma frontolateral o quad no que circulaba contra un camión.

Segundo informou o servizo de Urxencias Médicas 061, minutos antes do oito da tarde recibiron na central de alertas o aviso do accidente.

Ao lugar do suceso foron trasladados unha ambulancia asistencial e un helicóptero do 061 e ademais desprazouse persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Guitiriz.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta