Feijóo: "Vimos guapos e alegres a festexar as Letras Galegas"

O presidente da Xunta destacou que o acto polo Día das Letras Galegas organizado pola Administración autonómica é "un acto sentido, fermoso e humilde, pero intenso", como a lingua galega.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/05/2018 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o acto polo Día das Letras Galegas organizado pola Administración autonómica no IES Gonzalo Torrente Ballester, o último destino como docente de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano, é "un acto sentido, fermoso e humilde, pero intenso", como a lingua galega.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

"Hai que vir guapos alegres e vimos guapos e alegres para festexar o Día das Letras Galegas", remarcou na súa intervención, citando á propia homenaxeada, despois de que o presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, lembrase que Moreno dicía que "a clase hai que ir guapa e alegre", pois, ou se transmite "alegría, paixón, beleza", ou non se poderá "construír un futuro".

Este acto institucional, na cidade de Pontevedra, estivo intercalado con diferentes actuacións, polas que varios intérpretes, entre eles a neta da homenaxeada, Victoria Feijóo, leron ou cantaron algún dos escritos de María Victoria Moreno.

Tamén interveu a filla de Moreno, Begoña, quen agradeceu o esforzo de organizar este acto nun día "tan importante" para a familia. Alí, lembrou que a súa nai "amaba o galego e quería ante todo ser lembrada como mestra", e desde ese posto reclamaba "recursos para a educación" pública, porque "todos os nenos teñen dereito á educación e a ser ensinados en galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta