Novos medios para manter o noso idioma, o mellor regalo no Día das Letras

Nacen LugoXornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña, tres medios unidos co obxectivo de informar de todo o que acontece en Lugo, no Bierzo e no occidente de Asturias.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 17/05/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os lucenses están de noraboa. O Día das Letras Galegas trae un gran presente para toda a provincia de Lugo e as zonas galegofalantes do Bierzo e de Asturias. Nacen tres medios de comunicación co obxectivo de darlle voz a eses concellos do interior para que teñan máis vida, maís economía e máis dinamismo social, porque Galicia tamén é o interior, non só fachada Atlántica.

Equipo de Xornal da Mariña, Xornal de Lemos e Lugo Xornal
Equipo de Xornal da Mariña, Xornal de Lemos e Lugo Xornal

LugoXornal (www.lugoxornal.gal),  Xornal de Lemos (www.xornaldelemos.gal) e Xornal da Mariña (www.xornaldamariña.gal) abordarán a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todas as comarcas da provincia. Prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio e tentará tamén dar voz aos pequenos concellos que poucas veces saen nos medios.

VOZ AO GALEGO DO BIERZO E DO EO

Ademais, serán os primeiros medios en internet desde a época do precursor Vieiros en informar en galego sobre o que acontece nas zonas galegofalantes do Bierzo e do occidente de Asturias, espazos culturais, sociais e económicos que sempre tiveron relación con Galicia e, especialmente, coa provincia de Lugo.

ASOCIACIÓN CO GC

Lugo Xornal, Xornal da Mariña e Xornal de Lemos tamén estarán asociados a GC (www.galiciaconfidencial.com), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, que lle dará soporte informativo, comercial e técnico. Todos estes medios contan cun acordo para intercambiar información e publicidade. O mesmo acontece con Xornal de Vigo (www.xornaldevigo.gal) que naceu o pasado 2 de maio. Deste xeito, todo este conxunto de medios consolídase como a primeira gran rede de medios en galego.

Brais, Vanesa e Ramón, do equipo de Xornal da Mariña
Brais, Vanesa e Ramón, do equipo de Xornal da Mariña

Este novos medio de información  contarán cun gran equipo de xornalistas e dinamizadores. Así,  Óscar Bernárdez Pérez e Millán Gómez Pérez estarán en Lugo Xornal, Ramón González Rey, Vanesa Gómez e Brais González no Xornal da Mariña e Pilar Vázquez Prieto e Xosé Manuel Fernández Montes, no Xornal de Lemos.  Desde o GC colaborarán Xurxo Salgado, Alberto Quián e Moncho Mariño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Gamela

Sería boa cousa que os novos medios ASOCIADOS a GC seguiran a senda da liberdade de expresión iniciada e sostida por GC durante todos estes anos! O digo porque é xa o segundo comentario que NON publica no Xornal de Vigo e non sei se se trata de problemas técnicos ou de censura ou rexeitamento por parte dos editores do xornal ? Para iso xa temos La Voz de Galicia ou o Faro de Vigo (expertos en censurar comentarios na prensa!) Graciñas.

1 Viva a censura aos outros!

Gamela, censura é o que ti pediches repetidamente para comentarios que non che prestan. O censor agora moléstase polo que tanto reclamou, que caradura!

6 Bernardo

Magnífico: é dinamizar Galiza.

5 Gamela

Noraboa... (o enlace do Xornal de Vigo non fuca!)

4 GalegON

Parabéns! En galego non sobra información, ao contrario.

3 Xenial

Xenial contar con eses xornais locais, e penso que contribuirá moitísimo ao GC ao lle fornecer información local, que acho que era unha das súas eivas, así como información deportiva.